Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE PROMOCIÓN SOCIAL PERFILA COAS ASOCIACIÓNS O PROGRAMA DO ENCONTRO INTERXERACIONAL
A cita terá lugar no paseo marítimo de Xuvia o vindeiro 12 de xuño e incluirá diversas actividades para exhibir os traballos realizados polos maiores nas asociacións e locais da Terceira Idade do municipio
Narón, 25 de abril de 2016. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, mantivo unha nova xuntanza con representantes de quince asociacións para perfilar o programa do Encontro Interxeracional que se celebrará na localidade o vindeiro 12 de xuño. A edil avanzou que o aforo baixo as dúas carpas que se localizarán na zona do paseo de Xuvia, onde terá lugar a tradicional comida de maiores e outras actividades, estará limitado a 800 persoas. A concelleira naronesa e os representantes das diferentes entidades acordaron a instalación, como é habitual neste evento, de mesas informativas de varios colectivos e unha exposición dos traballos que realizan as persoas maiores ao longo do ano nas asociacións e centros de maiores da localidade. Así mesmo, Sabio indicou que terán lugar varias actuacións de música e baile, entre outras. No vindeiro encontro coas asociacións, fixado para o 13 de maio no Concello, pecharase definitivamente o programa de actividades a desenvolver.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal