Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NO ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL
A convocatoria terá lugar o vindeiro 12 de xuño na zona do paseo marítimo de Xuvia
Narón, 18 de maio de 2016. O Concello de Narón mantén aberto ata o vindeiro 31 de maio o prazo para apuntarse ao Encontro Interxeracional promovido desde a Concellería de Promoción Social, á fronte da que está a edil Teresa Sabio e no que colabora o movemento asociativo da localidade. A cita terá lugar o vindeiro 12 de xuño no paseo marítimo de Xuvia, ubicación na que durante a mañá e a tarde se desenvolverán varias actividades. A chegada dos participantes está prevista para as 11.00 horas e ás 11.15 comezará unha demostración das actividades realizadas polo colectivo ao longo do último ano. A partir das 14.00 horas será o xantar, que se poderá levar desde a casa ou adquirir os tickets ao anotarse para o cátering contratado polas asociacións, que correrá a cargo do Mesón A Trasanquesa, onde tamén se venden. É preciso comunicar as persoas que comerán no recinto porque, independentemente de que leven a comida ou recurran ao servizo de cátering, asignaráselles mesa e cadeiras baixo a carpa, tal e como indicou a concelleira. A actividade do programa retomarase ás 16.00 horas, con sesións de baile, para continuar ás 17.30 con novas demostracións de actividades e máis baile a partir das 18.30 ata a hora de regreso, sobre as 19.30. Durante todo este tempo haberá tamén xogos inchables para os nenos e nenas, exposicións e demostracións en vivo de artesanía, tal e como recordou a edil de Promoción Social. As persoas interesadas en anotarse deben facelo nas asociacións de veciños: Virxe de Fátima, de Freixeiro; Ceibe, de San Xiao; Alto do Castiñeiro; A Gándara; A Solaina; Chafarís, do Alto; A Naveira, de Doso; Os Irmandiños, do Val; Rosa dos Ventos, de Sedes; San Mateo; Castro e Virxe do Mar. Tamén poden facelo no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, na Asociación Terceira Idade A Solaina; na Fundación Terra de Trasancos, do Val; en Aspanaes, BBTTA; na Asociación Sociocultural de Minusválidos de Narón, en Aspanemi; na Asociación de Mulleres Rurais de San Mateo e na Asociación da Terceira Idade de Pedroso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal