Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ACTOR CARLOS BLANCO E O ILUSTRADOR LUIS DAVILA PROTAGONIZAN A OBRA "MENÚ DA NOITE" NO PAZO DA CULTURA
A representación da comedia teatral terá lugar o 21 de maio a partir das 20.00 horas
Narón, 19 de maio de 2016. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 21, a representación da comedia “Menú da noite”, protagonizada polo actor cómico Carlos Blanco e o ilustrador Luis Davila. A representación, dunha hora e media de duración, comezará ás 20.00 horas e o prezo das entradas, xa á venta na taquilla do Pazo, é de 10 euros no patio de butacas e 8 euros nos anfiteatros se se compran de xeito anticipado, e de 12 euros no patio de butacas e 10 nos anfiteatros no caso de mercalas o propio día da actuación. A obra é unha segunda entrega, tras “Menú do día”, na que os protagonistas vestían saias escocesas. Agora, con seus smókings, Carlos Blanco e Luis Davila suben de novo ao escenario para literalmente, cociñar en directo. Baile, animación, debuxo de viñetas en directo e música de Budiño e Kepa Junquera completarán este espectáculo no que o espectador gozará coas ocurrencias destes dous artistas galegos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal