Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INTEGRANTES DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SEITURA 22 MANTIVERON UNHA REUNIÓN NO CONCELLO
O colectivo redactará un plan estratéxico implicando a varios sectores para conveniar coa Xunta os fondos de desenvolvemento rural do plan Leader 2014-2020
Narón, 23 de maio de 2016. Os alcaldes dos vinte e dous concellos que integran o Grupo de Desenvolvemento Local Seitura 22 estaban citados no Concello de Narón a unha “mesa institucional” para abordar a convocatoria realizada pola Xunta de Galicia para a xestión dos fondos Leader 2014-2020. O presidente da entidade e alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, presidiu a convocatoria, á que asistiron rexedores das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e dos concellos de Miño e Vilarmaior, ademais do concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, así como o xerente de Euroeume, Miguel Teixido e a presidenta de Costa Noroeste, Natividad González, entidades estas últimas conveniadas en Seitura 22. O colectivo acordou celebrar unha asemblea xeral na segunda quincena de xuño para aprobar e contactar con todos os sectores que integran o citado grupo para establecer un plan estratéxico definitivo, aberto á participación de novas entidades que se integren neste proxecto. No transcurso da xuntanza recordouse que a xestión dos fondos comunitarios debe ser conveniada con asociacións de desenvolvemento rural e unha das 24 entidades que optan aos mesmos é a que abrangue os concellos reunidos hoxe. Na actualidade Seitura 22 está elaborando un borrador do plan estratéxico que permita a finais de ano, unha vez perfilado por completo, conveniar coa Xunta os fondos para desenvolvemento rural e xestionalos durante un periodo que previsiblemente rematará en 2023, tal e como se indicou. O colectivo realizará un plan de acción “o máis participativo posible”, para o que xa se convocaron unha serie de xuntanzas con empresarios de turismo e do sector agroforestal e institucional, entre outros, para abordar o estado da situación, realizando un diagnóstico da zona. A continuación determinaranse os obxectivos que permitan elaborar un plan estratéxico definitivo que se presentará á Xunta e ao que se lle concederán uns fondos europeos, cuxa contía está aínda por determinar. Desde Seitura 22 confíase en que segundo as previsións actuais, a principios de 2017 estean operativos os programas de desenvolvemento de Galicia. O GDR Seitura 22 constituíuse a finais do pasado mes de marzo e a entidade continúa aberta á posible incorporación doutras asociacións que queiran sumarse ao proxecto e participar no desenvolvemento do ámbito territorial de Ferrol, Eume e Ortegal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal