Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AGASP OFRECE A SÚA COLABORACIÓN AO CONCELLO PARA FORMAR UN GRUPO DE SEGURIDADE VIARIA CON OUTROS MUNICIPIOS E A DXT
A Axencia Galega de Seguridade Pública realizou o ofrecemento no transcurso da última xornada do "I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón"
Narón, 29 de maio de 2016. O “I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón” clausurouse este mediodía no Auditorio municipal de Narón tras reunir durante esta fin de semana a diversos profesionais na materia. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, acudiu á clausura deste evento, un acto no que tamén estiveron presentes o alcalde, José Manuel Blanco, o edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez, a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e outros edís da corporación local. Na xornada desta mañá a xefa do servizo do Departamento de Formación da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), Mónica Castro, realizou un ofrecemento para a creación dun grupo de traballo específico de Seguridade Viaria e constituír unha Comisión Galega na que participen os Concellos e a Dirección Xeral de Tráfico coa Xunta. “A Academia bríndase como nexo de unión das administracións e poñémonos á vosa disposición para seguir avanzando en materia de Educación Viaria”, anunciou Castro. A representante da Agasp participou na cuarta e última mesa redonda deste Congreso, na que se abordou o tema das “Estratexias para a coordinación de programas de Educación Viaria en Galicia”. Moderada por Silvia Castro, coordinadora de Seguridade Viaria da Policía Local da Coruña, nesta mesa estiveron tamén informando aos asistentes a xefa provincial de Tráfico da Coruña, María Victoria Gómez; os oficiais da Policía Local de Santiago e Pontevedra, Diana Parente e Antonio Duarte, respectivamente, e o responsable do programa de Educación Viaria da Policía Local de Narón, Pedro Caneiro. A xefa provincial de Tráfico da Coruña, María Victoria Gómez, impartiu ao inicio da xornada de hoxe un relatorio sobre "Coordinación de programas de Educación Vial”. Na súa intervención asegurou que “as vítimas por accidentes de tráfico son hoxe menos que nunca, pero menos seguen sendo moitas”. Gómez recordou que a obrigatoriedade da formación nesta área nos colexios xa se recolle no Código de Circulación do ano 1934 e subliñou a importancia de “espertar a sensibilidade sobre o tema do tráfico para adquirir o sentido da prudencia e fomentar a consecución de hábitos que permitan ás persoas identificar os riscos e coñecer os mecanismos para evitalos”. Antes de rematar a súa intervención, a representante provincial de Tráfico asegurou que é preciso continuar traballando cos usuarios máis vulnerables: nenos, maiores e ciclistas, e sen descoidar o control dos temas da velocidade, o consumo de alcol e drogas e o uso de sistemas de seguridade tanto nas vías urbanas como interurbanas. O alcalde de Narón e o concelleiro de Seguridade Cidadá agradeceron a colaboración da Xunta e da Deputación da Coruña, así como a participación tanto dos relatores e integrantes das mesas de traballo como dos asistentes ao evento. Destacaron tamén a calidade das ponencias e a labor desenvolvida por todas as persoas e entidades que se implicaron na organización deste “I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal