Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XI CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN" ARRANCA HOXE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Milleiros de persoa daranse cita esta fin de semana neste evento organizado polo Motoclub Fojeteiros e no que colabora o Concello de Narón
Narón, 2 de xuño de 2016. Milleiros de afeccionados ao motociclismo daranse cita esta fin de semana no paseo marítimo de Xuvia, donde se celebrará a undécima edición da “Concentración Moteira Cidade de Narón” e a sexta das Xornadas de Turismo Activo. O Concello colabora co Motoclub Fojeteiros na organización desde evento, que arrancará o 3 de xuño ás 18.00 horas coa apertura de inscricións, un mercadillo moteiro e varias atraccións infantís na zona do paseo de Xuvia. Baixo unha carpa servirase a partir das 21.00 unha cea a base de callos á galega e ás 22.00 comezará un concerto a cargo dos grupos La Banda de Nash, Zentholos e Riff-Raff. O programa continuarase desenvolvendo o 4 de xuño a partir das 10.30 horas, cando se abrirán de novo as inscricións e comezará o mercadillo moteiro, no que se venderán unha gran variedade de produtos. Os moteiros partirán ás 11.00 en dirección a Cedeira e San Andrés de Teixido e ás 14.00 horas comerán paella e pizza na área recreativa do Castro, no concello de Cerdido, antes de regresar novamente ao paseo de Xuvia, donde ás 16.00 terá lugar unha concentración moteira. A organización programou unha exhibición de trial ás 17.00 horas, na que participarán Víctor Ares e Jorge Muñiz. Será de novo baixo unha carpa en Xuvia donde se celebrará unha cea a base de churrasco e criollos e donde se entregarán os trofeos aos participantes. O tradicional desfile de antorchas pola estrada de Castela dará comezo ás 23.30 horas pero media hora antes a organización repartirá bandeirolas polo tramo para que a veciñanza anime o percorrido. Xa de madrugada, á 01.00 haberá unha gran festa moteira, con Dreamers Dj´s. A convocatoria rematará o domingo día 5. Os moteiros almorzarán sobre as 10.00 baixo a carpa para unha hora despois participar nunha ruta mototurística pola costa ferrolá. Regresarán á carpa sobre as 14.30 horas para xantar un menú con langostinos á prancha e xamón escaldado e ás 15.00 horas sortearanse agasallos entre os participantes. A clausura do evento será ás 16.30 horas. O acceso á carpa será polas rúas Juan XXIII e Marcial Calvo e habilitarase un espazo para aparcar as motos xunto á pista polideportiva, se ben os coches terán que estacionar nunha parcela localizada fronte á iglesia de Santa Rita (onde habitualmente se instalan as atraccións durante as festas desta parroquia). O evento terá un ano máis un marcado carácter solidario, xa que se recollerán tapóns para “Alba La Promesa”, unha iniciativa que impulsan na zona familiares naroneses de Alba -unha nena cunha lesión cerebral dexenerativa- para paliar os gastos do seu tratamento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal