Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO
A actividade, organizada pola Concellería de Ensino, diríxese a nenos e nenas de 4 a 8 anos e desenvolverase o 10 de xuño en Piñeiros
Narón, 7 de xuño de 2016. Os nenos e nenas de 4 a 8 anos son os destinatarios dunha nova actividade organizada pola Concellería de Educación. Así o indicou a edil da área, Mercedes Taibo, que anunciou a apertura do prazo de inscrición nun Obradoiro para construír enredos con material de refugallo que se celebrará este venres, 10 de xuño, no local social de Piñeiros entre as 18.00 e as 19.30 horas. A actividade é de balde pero é preciso anotarse previamente. Os participantes aprenderán a facer os seus propios xoguetes, dun xeito divertido e económico, utilizando materiais de refugallo. A actividade enmárcase no programa Apego, que promove a socialización en galego da infancia, e correrá a cargo do proxecto Xandobela. Un dos obxectivos desta proposta é fomentar a creatividade e a autonomía dos menores, que ademais gozarán dunha divertida tarde de xogos con rapaces e rapazas da súa mesma idade. Os interesados en participar deben inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística do Concello –subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística-, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1516) ou no enderezo electrónico: a.pita@naron.es. Deberán facilitar o nome e idade do neno ou nena que participará na actividade, o nome e apelidos da súa nai ou do seu pai, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto. En total ofértanse cincuenta prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as familias que forman parte do proxecto Apego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal