Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXITOSA CELEBRACIÓN DO "V ENCONTRO INTERXERACIONAL MUNICIPAL" NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Máis dun milleiro de persoas sumáronse a esta convocatoria programada conxuntamente polo Concello e diversas entidades de Narón e comarca
Narón, 12 de xuño de 2016. A quinta edición do Encontro Interxeracional Municipal desenvolveuse o domingo desde as 11.00 horas na zona do paseo marítimo de Xuvia. Un milleiro de veciños e veciñas das diferentes parroquias e barrios de Narón secundaron esta tradicional cita, na que se programaron varias actividades festivas. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, acudiron á convocatoria xunto con representantes dos grupos da corporación local e agradeceron a participación dos diferentes colectivos e dos particulares. Os asistentes gozaron do variado programa deseñado para a ocasión conxuntamente polo Concello e diversas entidades da localidade e da comarca. Con esta cita remataron oficialmente as actividades do programa de Envellecemento Activo convocadas desde o Consistorio en diferentes espazos do municipio, cuxo alumnado é cada ano o protagonista deste evento. Cancións de animación e sesións de musicoterapia a cargo de persoal do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros; a actuación das Cantareiras do Val; do grupo de acordeón do Padroado e do de Cantores da Asociación Cultural ASCM, xunto cunha actuación de danza oriental e outra da Coral Municipal, centraron a actividade matinal baixo unha das carpas instaladas no paseo de Xuvia. A continuación a edil de Promoción Social e o rexedor local agradeceron o traballo altruísta de todas cantas persoas participaron activamente na organización desta convocatoria. “Desexo que pasemos un día agradable entre todos e todas”, asegurou Sabio, que xunto co rexedor local entregou uns agasallos aos representantes das entidades que colaboraron na organización. Representantes da AVV Virxe de Fátima, de Freixeiro; da Asociación Cultural Areosa, de Piñeiros; da Asociación Chafarís; de Aspanaes; da Asociación Cultural ASCM; dos Centros Comunitarios Municipais; das entidades veciñais Santa Icía; Ceibe de San Xiao; O Alto e Sedes; da Asociación da Terceira Idade de Pedroso; de Bbtta; da Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val; do Clube de Xubilados da Solaina; de Aspanemi; da Asociación de Mulleres Rurais de Ferrerías; de Aspaneps; da Asociación Diabéticos Ferrolterra e da Asociación de Torneiros de Madeira Virutas subiron ao escenario para recoller os agasallos entregados polo alcalde e a concelleira de Promoción Social. A continuación os asistentes trasladáronse a outra carpa, situada a escasos metros, baixo a que houbo un xantar popular. A programación da tarde retomouse ás 16.00 horas, cunha actuación musical a cargo do Dúo Suso. A partir das 17.30 horas comezou unha master class de zumba, cos grupos do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e da AVV da Solaina e ás 18.00 houbo unha exhibición de terapia de intervención asistida e agility na que colaborou Aspanemi. Tamén ás 18.00 horas se retomou o apartado musical co Dúo Suso, ata a hora de saída dos autobuses para levar aos participantes de novo ás súas parroquias de orixe, a partir das 19.30 horas. Durante a xornada permaneceron instaladas baixo unhas pequenas carpas exposicións solidarias do traballo das entidades veciñais da Solaina; Ceibe, de San Xiao; Areosa, de Piñeiros; Virxe de Fátima, de Freixeiro; O Alto; Aspanaes; Cestería Acción Familiar (AFA); e Asociación de Torneiros de Madeira Virutas. Tamén houbo espazos reservados para a asociación Bbtta e da Asociación Cultural ASCM e a Asociación de Diabéticos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal