Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADO O "XUVIÑO GASTRONÓMICO 2016" NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Os visitantes poderán degustar hoxe e mañá viños de diversas Denominacións de Orixe ou a comida elaborada nas "food trucks" que participan este ano no evento
Narón, 18 de maio de 2016. O paseo marítimo de Xuvia acolle desde esta mañá os diversos postos de distribuidoras de viño de recoñecidas bodegas do país con caldos de varias Denominacións de Orixe –Ribeiro, Albariño, Rioja, Mencía, Ribera del Duero, etc.- e as cinco “food trucks” que participan no “Xuviño Gastronómico 2016”. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, realizaron esta mañá un percorrido pola zona visitando aos representantes das distribuidoras e das “food trucks” e postos artesáns que participan nesta cita festivo-gastronómica. Á convocatoria acudiron tamén varios edís da corporación local naronesa e tamén do veciño municipio de Neda. Compartindo espazo no paseo cos postos de venta de viño e as “food trucks” –entre estas últimas “La Carnioneta”, de Narón; “La Suprem by Torre de Núñez”, de Lugo, “Bar Rock”, ou “El Bus”, de Neda- atópanse nesta ocasión preto de medio cento de stands de venta de diferentes produtos artesáns. Tamén hai un posto cunha das hortalizas máis recoñecidas da localidade, o pemento do Couto, distribuído con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) a través da cooperativa do Val, no que tamén se pode atopar un viño branco envasado exclusivamente para a tempada deste pemento, e outro stand de degustación e venta de Queixos de Brigantia. Así mesmo, no paseo de Xuvia instaláronse dous postos de venta de polbo -a prezos populares- que serviron numerosas racións aos visitantes, algunhas delas baixo unha carpa con mesas e cadeiras. Foi tamén baixo a carpa onde se sucederon as actuacións musicais do mediodía, e onde será a desta noite, que se repetirán na xornada de mañá, tal e como recordou Gómez. Nas “food trucks” poden degustarse unha gran variedade de pratos, como os propios pementos do Couto, embutidos de Torre de Núñez, nuggets de polo, hamburguesas, raxo de boi, secreto de porco, e moitas outras especialidades e embutidos. Os postos do “Xuviño Gastronómico” permanecerán abertos hoxe pola tarde e mañá reabrirán a partir das 10.00 horas os de venta de produtos artesáns e desde as 12.00 as “food trucks” e os de viño. A copa ten un prezo de 1,50 euros e pode reutilizarse –instaláronse equipos para poder lavalas na zona e reutilizalas para probar diferentes caldos- e os tickets para mercar os viños véndense a dous euros. A concelleira de Feiras e Mercados anima á veciñanza a visitar esta nova edición do “Xuviño Gastronómico”, unha convocatoria, subliñou “coa que este ano quixemos dar un paso máis e abrila á participación das “food trucks” e á venta de produtos artesáns, para que os visitantes que veñen cada ano a esta cita festiva poidan gozar das degustacións de viño e comida pero tamén adquirir outro tipo de produtos”. A edil recordou que a convocatoria rematará mañá sobre as 22.00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal