Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMENZA A FUNCIONAR O AUTOBÚS NOCTURNO DURANTE OS FINES DE SEMÁN
A Concellería de Mocidade pon en marcha unha campaña divulgativa para promocionar entre a xuventude o uso do Noitebús os sábados pola noite.
Narón, 9 de Abril de 2008.- A Concelleira de Mocidade e Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida, anunciou a posta en marcha dunha campaña informativa para divulgar o uso do autobús por parte da xuventude nas noites do fin de semana, en lugar de desprazarse en automóvil. Este servizo de transporte entrou en funcionamento o pasado 5 de Abril, a cargo da compañía Tranvías do Noroeste. A concesionaria realizará viaxes entre os concellos de Ferrol, Narón e Neda, dende as 11 da noite ata as 6 da mañá (con saídas de Ferrol ás horas en punto, e de Neda ás medias). (Pódense consultar os horarios e datas deste servicio no documento adxunto a esta noticia) O prezo do billete é de 2 euros, e con ese ticket o usuario poderá realizar tódolos viaxes que desexe durante a noite. O autobús dispón de máis de 100 prazas, e está adaptado para persoas minusválidas además de ir rotulado como tal. Para colaborar ó seu uso, o Concello difundirá 300 carteis e 1.000 tarxetas de pequeño tamaño, ademáis dunha campaña informativa en emisoras de radio durante un mes. A Concelleira de Xuventude, Natalia Hermida, declarou que con esta iniciativa do Concello “se axuda a fortalecer o servicio público de transporte colectivo, e se evita que os xóvenes desprácense en coche durante as noites do fin de semana”. O autobús nocturno estará operativo neste ano durante 49 xornadas, e realizará 17 servicios por xornada. Para o ano 2009, ten pensado realizar 28 xornadas, sempre as noites dos sábados e vísperas de festivos. O responsable de Servicios de Tranvías, Roberto Moreda, calificou esta iniciativa coma “unha aposta pola xuventude”, e lembrou que este servicio xa o realizaron durante o pasado ano “e tivemos unha boa ocupación, por encima da media de outras cidades de Galicia”. Esta compañía xa solicitou á Xunta de Galicia unha subvención dentro do programa de Noitebús.
Descarga de archivos
CALENDARIO NOITEBÚS 2008
Tamaño:549,68 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal