Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA ESTUDAN A VIABILIDADE DE SOLICITAR AXUDAS PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA GARDERÍA NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A iniciativa aposta por acollerse á liña de subvencións anunciada pola Xunta de Galicia para a construción de novas escolas infantís en parques empresariais
Narón, 23 de xuño de 2016. O concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e o presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, José Ramón Franco, reuníronse para abordar a posibilidade de que esta última entidade solicite a construción dunha escola infantil no polígono industrial de Río do Pozo. A iniciativa impulsaríase ao abeiro dunhas subvencións que a Xunta de Galiza se comprometeu a convocar proximamente para este fin. No encontro, tanto o representante municipal como o portavoz dos empresarios e empresarias manifestaron a súa total sintonía nesta iniciativa que permitiría afondar nas políticas de conciliación da vida familiar e laboral e facilitaría o acceso a este servizo a perto de medio cento de fogares naroneses. O edil de Promoción Económica entregoulle a Franco unha copia da moción que se aprobou no pleno ordinario do mes de maio e que xa foi remitida ao Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar, na que se solicita non só a inclusión de Narón na liña de axudas para a construción de escolas infantís nos polígonos industriais. senón tamén a integración no propio Consorcio das tres escolas infantís municipais do concello que aínda non o están, a da Solaina, a da Gándara e a de Piñeiros. Segundo os últimos datos dispoñibles, máis de medio cento de familias naronesas poderían quedar sen praza de escola infantil para o vindeiro curso 2016/2017, un déficit que se paliaría en boa medida cunha nova escola infantil, tendo en conta ademais as proxeccións demográficas do municipio, que nos últimos 25 anos viu incrementada nun 82% a poboación de menores de catro anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal