Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA IMPULSAN UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NA LOCALIDADE
A iniciativa desenvolverase os días 4, 5 e 6 de xullo nos barrios da Solaina e no Alto do Castiñeiro
Narón, 28 de xuño de 2016. O edil de Sanidade, Octavio Dopico, e a portavoz do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), Ángeles Pazos, presentaron unha nova campaña de doazón de sangue que se levará a cabo no municipio os días 4, 5 e 6 de xullo. O edil destacou a colaboración do Concello co CTG e animou aos veciños e veciñas a participar nesta convocatoria para que este ano se incremente na localidade o número de doazóns. O goberno local colabora co reparto de 11.000 dípticos informativos para impulsar esta iniciativa. A representante do CTG agradeceu a colaboración e o esforzo do Concello naronés e avanzou que o que o vindeiro luns, 4 de xullo, haberá unha unidade móbil do CTG na Solaina (na Praza da Constitución), de 15.30 a 21.00 horas e os días 5 e 6 de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas diante do centro de saúde de Narón. Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos, tal e como apuntou Pazos, “incrementar as doazóns de sangue en Narón e sobre todo nestas datas de verán, tremendamente complicadas para nós, porque soe ascender o número de doazóns polas vacacións pero tamén se incrementan as urxencias derivadas de accidentes de tráfico, que requiren máis sangue”. No ano 2015 os veciños e veciñas de Narón realizaron un total de 803 doazóns de sangue, o que supón unha media de 20 por cada 1.000 habitantes e ano. A taxa sitúase con estas cifras xusto na metade do que recomenda a Organización Mundial da Saúde para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais, que se sitúan entre 40 e 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. “Precisaríamos duplicar o número de doazóns do ano pasado, superar as 1.600”, apuntou Ángeles Pazos, que explicou que “moita xente de Narón doa noutras localidades, polo que iso non significa que sexa menos solidario un veciño de Narón que doutros concellos, porque as posibilidades de doazón son diferentes en cada municipio en función dos puntos nos que se poida atender aos doantes”. Desde o CTG insistiron na necesidade de doar todos os tipos de sangue, pero especialmente dos grupos A+ e B+, cuxos niveis de reserva están na actualidade máis baixos que no resto dos grupos, indicaron. A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia acode unha vez ao mes a diferentes ubicacións da localidade e desde a súa posta en funcionamento, no ano 1993, rexistráronse un total de 15.148 doazóns de sangue na localidade, con 3.435 persoas censadas como doadores de sangue. Grazas a esta participación, tal e como indicaron desde o CTG a modo de exemplo, permitiríase levar a cabo máis de 7.500 intervencións cirúrxicas ou trasfundir plaquetas a máis de 2.500 doentes de cancro ou leucemia.
Descarga de archivos
Campaña doazón de sangue
Tamaño:474,41 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal