Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E EDÍS DA CORPORACIÓN RECIBIRON NO CONCELLO Á NOVA DIRECTIVA DA AVV DO COUTO
Ramón Francisco Couto presidirá a directiva da entidade, relevando no cargo a Anselmo Beceiro, que o exerceu durante máis dunha década
Narón, 3 de xullo de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os edís de Obras, Cultura e Participación Cidadá, Pablo Mauriz, Marián Ferreiro e Catalina García, respectivamente, mantiveron o pasado xoves unha reunión con representantes da nova directiva da Asociación de Veciños do Couto, presidida por Ramón Francisco Couto trala recente renovación de cargos na entidade. Así mesmo, acudiron á xuntanza a tesoureira da AVV, Rosa María García, e o secretario, Xosé Francisco Roade. Os integrantes da directiva do Couto saudaron aos representantes do goberno local e conversaron animadamente con eles no despacho do rexedor, abordando varios asuntos de interese da citada parroquia naronesa. Ramón Francisco Couto releva no cargo a Anselmo Beceiro, tamén veciño do Couto e que levaba máis dunha década á fronte da citada entidade veciñal da parroquia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal