Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A TAXA DE DEPURACIÓN POR UN RECIBO DE TRINTA METROS CÚBICOS DE COTA DE CONSUMO CUSTARÁ 76,29 EUROS AO ANO
O alcalde explicou que o importe da taxa poderá diminuír con posibles melloras de xestión ao contratar o mantemento das infraestruturas desde a Mancomunidade
Narón, 2 de xullo de 2016. O pleno celebrado o pasado xoves no Concello aprobou as taxas correspondentes ao servizo de depuración acordes á entrada en funcionamento dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol. O alcalde, José Manuel Blanco, anunciou que o importe será de 76,29 euros ao ano, o que representa 6,35 euros ao mes e 19,05 ao trimestre para un recibo dun domicilio de ata trinta metros cúbicos de cota de consumo. Desa contía anual de 76,29 euros, explicou o rexedor local, 43,89 euros correspóndense coa amortización do investimento realizado por Acuaes –pola execución das obras dos citados interceptores- e o mantemento dos colectores e do tanque de impulsión da Cabana e os 32,40 restantes co coeficiente de verquido polo uso da depuradora, que cobra directamente a Xunta de Galicia. “A maior tramo de consumo, maior será tamén o importe da citada taxa, como corresponde”, apuntou Blanco, que indicou que se mantén unha distribución similar ás tarifas de saneamento en vigor, diferenciando os tipos de uso: doméstico, industrial I, industrial II, industrial III, obra menor e obra maior. O alcalde aclarou ademais que os veciños e veciñas que utilicen os servizos da depuradora de Pedroso ou da que se habilitará en Sedes terán que abonar polo mesmo recibo de uso doméstico de 30 metros cúbicos de cota de consumo unha taxa de 74 euros ao ano. Neste caso contabilizáronse na actualidade un total de 194 clientes da empresa mixta de augas do municipio, Cosma. O rexedor local incidiu en que “se trata dun custe que sabíamos que había que asumir” e anunciou que o importe da taxa “pode variar á baixa nos vindeiros anos con posibles melloras de xestión derivadas de contratar o mantemento das infraestruturas a través da Mancomunidade”. Así mesmo, Blanco asegurou que atendendo ao importe da taxa, “nestes momentos está por debaixo tanto da que se paga na zona sur da ría como da que actualmente ten anulada o Concello de Ferrol”. No que respecta aos custes do saneamento, o alcalde indicou que o mantemento dos interceptores xerais da marxe dereita da ría ascende a 925.495 euros e o da estación de bombeo da Cabana a 963.311 euros. Os concellos de Narón e Ferrol asumirán eses importes de xestión das infraestruturas, dun total de 1.888.805 euros, nunha porcentaxe dun 30% e un 70% respectivamente. A porcentaxe, tal e como apuntou Blanco, calculouse en función dos metros cúbicos facturados de auga en cada localidade, excluídos os usuarios que verten a colectores municipais que non se conecten coas obras dos interceptores xerais. Ás arcas do Consistorio naronés suporalles, atendendo a estes conceptos, un importe de 566.641 euros ao ano –ese 30%-. Aos citados custos hai que engadir os de amortización da porcentaxe da obra correspondente ao Concello de Narón dacordo cos convenios asinados con Acuaes para as obras dos interceptores xerais do tramo Malata-Cadaval, por 115.878 euros; do Cadaval-Neda, por 157.097 euros e do mantemento da estación de bombeo da Malata, por 288.993 euros e dos interceptores xerais, por 277.648 euros; e o 4% estimado de impagado no primeiro ano, de 33.584 euros. En total, unha partida de 873.200 euros ao ano para un censo duns 18.000 clientes que ten na actualidade a empresa mixta de augas do municipio naronés, Cosma.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal