Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE CAMPO DA SERRA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O "IMPACT WEEKEND NARÓN 2016"
O Concello colabora coa Asociación Cultural Impact na organización do evento, no que participarán outras asociacións e colectivos co fin de diversificar a oferta de ocio
Narón, 20 de xullo de 2016. O pavillón municipal Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá esta fin de semana, do 22 ao 24, o Impact Weekend Narón 2016. O Concello de Narón colabora nesta proposta de ocio, que prevé reunir a numerosas persoas durante as tres xornadas nas que se desenvolverá o evetento, impulsado desde a Asociación Cultural Impact. Para os torneos do sábado e do domingo están anotadas algo máis de cen persoas en cada xornada, tal e como explicou o presidente de Impact, Antonio Adalid. Os asistentes poderán gozar dunha gran variedade de actividades, nas que participarán a Asociación Retronarón, a Asociación Mesa Cuadrada, o Club Excalextric Narón, a Asociación Legion Gamer e a Asociación Cultural Impact. En canto aos xogadores, este ano acudirán representantes de diferentes concellos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Madrid e Castela León, entre outros, e tamén desde Portugal, tal e como avanzou Antonio Adalid. A Asociación Mesa Cuadrada propón o torneo X-Wing o sábado e partidas introdutorias de Bolt Accion, Infinity e Saga o domingo e a de Excalextric de Narón montará unha pista a catro carrís que estará operativa nas xornadas do sábado e o domingo. Tamén haberá unha exposición da Asociación Retronarón durante o sábado de carácter retro e con xogos de consolas tamén retro para os asistentes interesados. A maiores, Legion Gamer Coruña traerá a Narón os torneos FIFA 2016 e Tekken e, nas diversas modalidades de cartas, a Asociación Cultural Impact inaugurará o venres pola tarde, a partir das 16.30 horas, os torneos clasificatorios Carnicerías de Legacy; o sábado desde as 10.00 o Impact Legacy e Carnicerías de Modern e o domingo, desde esa mesma hora o Impact Modern, xunto con torneos de Magic The Gatering durante toda a fin de semana nos formatos de Modern e Legacy, tal e como indicaron desde o colectivo. A maiores das persoas inscritas, as interesadas poderán anotarse o propio día das actividades, antes do inicio das mesmas, no propio pavillón de Campo da Serra, a partir das 16.30 horas o venres e entre as 9.00 e as 9.50 o sábado e o domingo. Así mesmo, entre os artistas convidados a esta cita están Marta Molina (Segovia), unha das mellores alteradoras a nivel nacional do mundo Magic Gamergy, que amosará os seus traballos na localidade; e as cosplayers Kate Key (Zaragoza) e Belify Bel (Madrid), que realizarán cosplays específicos para o Impact Weekend desta fin de semana na localidade. As persoas interesadas en obter máis información sobre este evento, así como das normas para participar, poden facelo a través de diferentes redes sociais: Twitter (@impactreturns1); Instagram (ImpactReturns) e Facebook (Impact Returns), así como das páxinas: www.impactreturns.com e www.asociacionculturalimpact.weebly.com.
Descarga de archivos
Programa
Tamaño:200,45 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal