Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS DIPLOMAS DE TRES CURSOS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, subliñou o elevado índice de inserción laboral destas convocatorias, que remataron un total de corenta e dúas persoas
Narón, 22 de xullo de 2016. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregou os diplomas de tres cursos do programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD), subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que remataron o pasado ano. Recibiron os seus diplomas un total de corenta e dúas persoas –das corenta e cinco matriculadas-, aínda que non puideron acudir todas á convocatoria debido a que unha gran maioría do alumnado xa está traballando. Foi precisamente o feito de acadar ese obxectivo un dos apartados máis valorados pola concelleira de Formación, que destacou que “algo máis dunha vintena de persoas están traballando na actualidade grazas á realización destes tres cursos”. As modalidades impartidas foron: “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (628 horas); “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (478 horas) e “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” (478 horas). Hermida felicitou ás persoas que remataron a totalidade dos módulos pola súa “motivación” á hora de continuar o camiño da formación para ampliar as súas posibilidades de acceder a un posto de traballo. Así mesmo, destacou a labor do Concello en materia formativa, neste caso en colaboración coa administración autonómica, e tamén do persoal do Concello que realiza as pertinentes xestións para poder convocalos e das empresas que colaboran para impartir os módulos prácticos. Son precisamente estas empresas, subliñou Hermida, “as que actualmente teñen entre o seu plantel a algúns alumnos e alumnas destes tres cursos, polo que desde o Concello agradecemos a súa colaboración”. Os cursos de Atención sociosanitaria, tanto en institucións como no domicilio, foron os que rexistraron un nivel máis elevado de inserción laboral, indicou Hermida. A edil de Formación recordou aos asistentes que no caso de ter rematados todos os módulos poden solicitar –a maioría xa o fixeron- un certificado de profesionalidade, que se lles remite desde a administración autonómica. O alumnado dos tres cursos seleccionouse desde o Concello a través dos listados facilitados desde a Oficina de Emprego, ao tratarse de cursos AFD.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal