Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "CONTOS DO BRASIL"
A iniciativa diríxese a nenos e nenas maiores de catro anos e ás súas familias e terá lugar o 1 de agosto na Biblioteca municipal
Narón, 25 de xullo de 2016. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición na actividade “Contos do Brasil”, que se desenvolverá na Biblioteca municipal de Narón o vindeiro 1 de agosto. A iniciativa diríxese a nenos e nenas a partir de catro anos, tal e como apuntou a edil, e convócase con motivo da celebración, este ano, dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro (do 5 ao 21 de agosto). A actividade terá unha hora de duración, entre as 12.00 e as 13.00. Caxoto Contacontos, un proxecto iniciado por Felipe Díaz no ano 2012, ofrecerá aos asistentes o espectáculo “Contos do Brasil”, unha sesión na que os contos, a música en directo e o mar cobrarán especial protagonismo. A actividade trasladará aos participantes á selva amazónica, onde se atoparán con tempos pasados e, polo tanto, cos xoguetes, cantigas e contos propios das culturas brasileira e portuguesa, con moitos aspectos en común coas raíces de Galicia. A edil de Bibliotecas explicou que se trata dunha proposta “dirixida a un público familiar, na que tanto os nenos e nenas como os seus pais e nais poderán gozar dunha xornada lúdica e, ao tempo, educativa, ao abordarse diversos temas en común das culturas galega e brasileira”. As reservas de praza deben facerse a partir do 26 de xullo ás 9.00 horas no mostrador da biblioteca, ou chamando ao número de teléfono 981 382 173, se ben é preciso ter o carné de socio das citadas instalacións para poder asistir. O horario de apertura da Biblioteca municipal nos meses de verán é de martes a venres de 9.00 a 14.30 e as tardes do luns e do mércores de 18.00 a 21.00.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal