Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A TERCEIRA EDICIÓN DA "FESTA INFANTIL CIDADE DE NARÓN" CELEBRARASE O 4 DE SETEMBRO NO PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO
A convocatoria desenvolverase en horario de mañá e tarde e inclúe música e varias actividades e xogos para os nenos e nenas
Narón, 1 de setembro de 2016. A terceira edición da “Festa Infantil Cidade de Narón” terá lugar o vindeiro domingo, día 4, no Parque fluvial de Freixeiro. Os nenos e nenas poderán gozar dunha gran variedade de actividades organizadas polo Concello e a empresa La Guagua. A edil de Festas, Mar Gómez, e a xerente da citada empresa, Carla Iglesias, presentaron o evento, que se desenvolverá en horario de 12.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. A concelleira naronesa animou aos veciños e veciñas a sumarse a esta convocatoria lúdica e cun apartado didáctico a través de varios obradoiros pensados para o público infantil e nos que tamén poderán implicarse as persoas maiores. Ao longo da mañá e da tarde haberá unha serie de actividades e atraccións permanentes, como inchables –dous deles serán acuáticos e dous secos, cun específico para menores de tres anos-, touro mecánico, camas elásticas, obradoiros de globoflexia, maquillaxe e pompeiros –para facer pompas de xabón- e tobogáns acuáticos, entre outras. Así mesmo, permanecerá operativo un circuíto de karts que se instalará no parque para a ocasión. O programa inclúe ademáis unha xinkana de habilidades, a partir das 12.00, na que se desenvolverán varias actividades, unha delas cunhas “gafas idiotizadoras” que distorsionan a visión, e un pequeno musical: “Lúa en Vila dos libros”, ás 13.00 horas. Xa pola tarde, ás 16.30 comenzará o “CantaeBaila”, con cancións típicas da Guagua e tamén un apartado específico con música galega, e ás 18.00 será a actuación do Paiaso Popin. A convocatoria inclúe a partir das 19.00 horas a Festa da espuma e auga, unha das citas que congrega a un maior número de persoas nesta cita, tal e como destacou a edil da área. A concelleira de Festas recordou que esta convocatoria, que alcanza este ano a súa terceira edición na localidade, servirá para dar por rematadas as actividades de verán programadas desde o Concello para os nenos e nenas antes do inicio do próximo curso escolar. “O entorno no que se celebra a Festa Infantil permitirá aos asistentes gozar dunha xornada festiva cunha gran variedade de actividades, todas de balde”, subliñou Gómez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal