Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA TEATRAL "EROSKI PARAÍSO"
A compañía Chévere actuará o vindeiro 17 de setembro na localidade cunha das obras incluídas na programación aprobada polo Padroado da Cultura para o segundo semestre do ano
Narón, 15 de setembro de 2016. A compañía de teatro Chévere subirase o día 17 de setembro ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra Eroski Paraíso. Trátase dunha comedia na que se aborda o tema da emigración e cun amplo traballo de documentación detrás. O espectáculo, de hora e media de duración, comezará ás 20.00 horas e as entradas están á venta na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. A sala de festas Paríso, moi recoñecida en Muros entre os anos 1972 e 1990 é o punto de partida desta historia, protagonizada por Eva Martínez e Antonio Formoso. A parella coñeceuse nas citadas instalacións e tivo unha filla, que naceu coincidindo co peche da sala Paraíso. O matrimonio cásase e emigra, e vinte e cinco anos despois Eva regresa a Muros. Alí coidará do seu pai e traballará nun supermercado –Eroski- que abriron no mesmo lugar no que estaba a sala de festas. Antonio queda traballando en Canarias e Álex, a filla da parella, fará o seu primeiro documental, no que aborda a historia dos seus pais, en Muros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal