Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ARQUIVO MUNICIPAL MULTIPLICARÁ O SEU ESPAZO MEDIANTE UN SISTEMA DE ARMARIOS MÓVILES
Narón, 29 de Abril de 2008.- A Concelleira de Novas Tecnoloxías e Protocolo, Paloma González Cuevas, presentou onte en rolda de prensa o Proxecto de Compactación do Arquivo Municipal, que se levará a cabo nos vindeiros meses no Concello. O coste total desta actuación é de 80.000 euros, se ven a Xunta de Galicia acaba de conceder –a través da Consellería de Cultura- unha subvención que costeará o 50% do proxecto. A actuación en cuestión consiste na instalación dun sistema de armarios móviles a través de raíles, que permitirá resolver o problema de espazo existente no arquivo municipal, ubicado no sótano da Casa Consistorial. Esta obra se completa coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación. “Dende o goberno municipal pensamos que é unha labor prioritaria a conservación do noso patrimonio documental, incluida no noso arquivo municipoal, que encárgase tamén de custodiar os expedientes administrativos de todas e cada unha das concellerías e unidades de xestión”, declarou a Edil. Segundo explicou Paloma González Cuevas, o arquivo xeral do Concello atópase na actualidade “prácticamente colapsado, con máis de 1.500 metros cadrados de estanterías que están ocupadas na súa totalidade”. A falla de espazo resolverase coa instalación do sistema compactador baseado en armarios móviles sobre raíles, o que permitirá contar con 1.500 metros lineais de estantería por cada 100 metros cadrados “solucionando de xeito instantáneo o principal problema do noso arquivo municipal, e garantizando o crecemento futuro do arquivo durante os vindeiros anos”, engadiu a Concelleira. Na actualidade, o arquivo conta con máis de 6.600 unidades de instalación e máis de 700 libros así como numerosos fondos do arquivo histórico. Durante o 2006, o arquivo municipal recibiu máis de 500 expedentes administrativos dos diferentes departamentos municipais, xa que é aquí onde deben terminar tódolos documentos administrativos nun prazo máximo de cinco anos. “Este procedemento supón unha saturación de documentación que obriga a adoptar medidas coma a que hoxe presentamos”, declarou González Cuevas. O novo sistema de compactación de documentos permitirá resolver un problema de espazo para os próximos anos, ademáis de modernizar un arquivo que contén valiosa información sobre o Concello e a historia do municipio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal