Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU NO CONCELLO AO GOBERNADOR DO DISTRITO 2201 DO ROTARY INTERNACIONAL
Á convocatoria acudiron tamén os presidentes dos clubes rotarios de Narón e Ferrol, Pascual Martínez e Porfirio Embade, respectivamente, entre outros representantes das citadas organizacións
Narón, 28 de setembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho ao Gobernador do Distrito 2201 do Rotary Internacional, Antonio Quesada. Ao encontro acudiron tamén os presidentes dos clubes rotarios de Narón e Ferrol, Pascual Martínez e Porfirio Embade, respectivamente, o axudante do Gobernador, Alejandro Pisa, e Antonia Núñez, Macero do Club Rotary Narón. O rexedor local valorou a reunión mantida no Consistorio e comprometeu o respaldo do goberno local ao colectivo, apuntando ás xestións propias co sector empresarial da localidade para que os rotarios continúen mantendo a liña de colaboración que en áreas como a humanitaria impulsan conxuntamente. Así mesmo, Blanco destacou a labor que tanto na localidade como na comarca realiza esta organización internacional a través dos seus clubes, cuxos integrantes apostan polos servizos humanitarios e a través dos que contribúen ao desenvolvemento da paz e a consecución dunha sociedade máis solidaria, unha tarefa, apuntou, “que desenvolven en diferentes países impulsando os sólidos principios dos clubes rotarios”. Pola súa parte, Quesada valorou a boa acollida do goberno local de Narón ao colectivo. Cunha dilatada traxectoria profesional nas áreas de Diplomacia Corporativa, Protocolo e Relacións Institucionais, o Gobernador do Distrito 2201 do Rotary Internacional, tamén licenciado en Xornalismo e Relacións Públicas, asumiu o cargo o pasado 1 de xullo, e ostentaráo durante o presente ano rotario, 2016-2017.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal