Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MONÓLOGOS, TEATRO INFANTIL E FLAMENCO CENTRAN A PROGRAMACIÓN DESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
O humorista Quique San Francisco estará no Pazo o 14 de outubro e as compañías Caramuxo Teatro e Choní Cía. Flamenca os días 15 e 16, respectivamente
Narón, 13 de outubro de 2016. O humorista e actor español Quique San Francisco será o protagonista do monólogo que terá lugar o día 14 de outubro, a partir das 21.30 horas, no Pazo da Cultura. A firma Tertulia Producción é a encargada deste espectáculo, que consistirá nunha escolma dos mellores e máis afamados monólogos de San Francisco, caracterizados por un humor agudo e intelixente. As entradas están á venda na billeteira do Pazo a un prezo de 12 euros nos anfiteatros e 15 no patio de butacas en venta anticipada e de 15 e 18 euros, respectivamente, no caso de mercalas o propio día da actuación. O monólogo de mañá dará paso xa na xornada do sábado e o domingo ao teatro e o flamenco, respectivamente. A primeira das citas, o sábado día 15, está destinada ao público familiar e infantil. A compañía Caramuxo Teatro representará o espectáculo "Redondo", pensado para nenos e nenas de 1 a 4 anos e no que “Mr. Round” e a súa obsesión polas cousas redondas centrarán diversas historias (inicialmente estaba prevista a representación da obra “Zapatos”, da mesma compañía). Poesía, música e danza misturaranse neste divertido espectáculo, cun marcado carácter didáctico. As entradas tamén están á venda no Pazo para os dous pases habilitados, un ás 18.00 e outro ás 19.30 horas e cun aforo máximo en cada función de cen persoas. O prezo é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para o resto. Por último, na xornada do domingo, día 16 será o turno do flamenco, que chegará ao Pazo da man de Choní Cía. Flamenca, co espectáculo Flamenco tratado, baseado nas experiencias nesta arte de Gloria Jiménez, a través da súa filla, Estrellita Jiménez, coa súa particular visión e diferentes estilos de flamenco. A cita comezará ás 19.00 horas no Pazo e as entradas teñen un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal