Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA UN ESPECTÁCULO DE DANZA E O AUDITORIO MUNICIPAL A ESTREA DUNHA OBRA DE TEATRO INFANTIL
A compañía Kukai Dantza actuará no Pazo o 22 de outubro e o domingo 23 será o turno de Ghazafelhos no Auditorio, na praza de Galicia
Narón, 20 de outubro de 2016. A compañía Kukai Dantza actuará o vindeiro sábado, día 22, no Pazo da Cultura. O espectáculo de danza contemporánea "Oskara" permitirá ao público asistente realizar un percorrido pola cultura vasca, dando a coñecer algúns dos seus mitos. A cita comezará ás 20.00 horas e as entradas están á venda no Pazo da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O domingo, día 23, será o día adicado ao público familiar e infantil, cunha estrea dunha representación teatral a cargo da compañía Ghazafelhos no Auditorio municipal, na praza de Galicia. "Rubicundo" é o título da obra, protagonizada pola personaxe que lle da nome ao espectáculo, que compartirá escenario con outros dous amigos que interactúan con monicreques e no que haberá moitas sorpresas. As cancións e o baile xogarán tamén un papel fundamental ao longo desta representación. O prezo das entradas, tamén á venda na taquilla do Pazo da Cultura, é de 7,50 euros para o público en xeral e de 5,25 para abonados, persoas con carné xove (ata 25 anos) e estudantes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal