Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA DESPRAZARASE Á LOCALIDADE
O vehículo estará o 25 de outubro, en horario de tarde, na zona da Praza da Gándara e desde o CTG faise un chamamento á cidadanía para que acuda a doar sangue
Narón, 24 de outubro de 2016. Unha das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase o 25 de outubro ata a praza da Gándara (rúa Pintor Soutomaior), donde permanecerá operativa en horario de tarde, de 18.30 a 21.00 horas, tal e como indicaron desde o CTG. Desde o colectivo animan á veciñanza a doar sangue para cumprir o obxectivo de alcanzar as cincocentas doazóns diarias. Así mesmo, recordan a necesidade de acudir á unidade móbil coa tarxeta de doador, co DNI ou cun documento similar co que poder identificarse. Os doantes deben ter entre 18 e 65 anos, pesar máis de 50 quilos e non poden ir sen almorzar e, no caso de acudir a doar sangue despois de xantar, esperar como mínimo dúas horas antes de facelo, tal e como se indica desde o CTG. “O teu sangue é vida. Compártea” é o lema da campaña, sobre a que se pode consultar máis información a través da páxina web: http://ctg.sergas.es.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es