Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O ESPECTÁCULO DE DANZA TRADICIONAL "O PODER DO ARCABUZ"
A compañía Quique Peón e o Grupo de Música e Baile Tradicional "Xacarandaina" actuarán o 5 de novembro
Narón, 3 de novembro de 2016. A compañía Quique Peón e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” traerán esta fin de semana ao Pazo da Cultura o espectáculo "O poder do Arcabuz". A cita será o vindeiro sábado, día 5, a partir das 20.00 horas e terá unha duración de hora e media, un tempo no que os espectadores terán a oportunidade de presenciar unha actuación de danza tradicional na que se recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Preto de cen artistas, trinta e cinco bailaríns, vinte músicos e corenta coristas, subiranse ao escenario do Pazo para fusionar diferentes artes escénicas. A maiores da danza tradicional tamén se poderá ver nesta obra danza contemporánea. As inxustizas e o poder centran a temática deste espectáculo no que a danza e o baile tradicional galego son os elementos principais, que se compaxinarán coa música e o teatro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal