Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS NO "VIII MERCADO DE SEGUNDA MAN DE SEDES"
A convocatoria desenvolverase o vindeiro 18 de decembro no recinto feiral do Trece e a participación está limitada a 120 postos
Narón, 12 de novembro de 2016. A Concellería de Mercados mantén aberto ata o día 12 de decembro o prazo para solicitar a instalación de postos na oitava edición do Mercado de Segunda Man de Sedes. O evento terá lugar na xornada do 18 de decembro, no recinto feiral do Trece. Entre os requisitos ás persoas interesadas en montar os seus postos de venda nesta convocatoria está a obriga de aportar un mínimo de dous quilos de alimentos ou produtos de limpeza, que se entregarán posteriormente ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, tal e como avanzou a edil da área, Mar Gómez. Os postos permanecerán abertos en horario de 11.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. As inscricións son de balde e o número máximo de participantes fixouse en 120. Está prohibida a participación de menores de idade e comerciantes ou vendedores ambulantes, dirixíndose esta iniciativa a particulares. Así mesmo, facilitarase unha mesa e unha cadeira ao responsable de cada un dos postos. O formulario de inscrición poderá descargarse da páxina web do Concello –www.naron.es- ou solicitala no Rexistro do Concello e deberá entregarse no propio Rexistro municipal unha vez cubertos os datos requeridos pola organización.
Descarga de archivos
Inscricións
Tamaño:155,99 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal