Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU NO SEU DESPACHO Á NOVA DIRECTIVA DA AVV CEIBE SAN XIAO
Os representantes da asociación conversaron co rexedor local, que estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e a edil de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 18 de novembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado pola primeira tenente de alcalde da cidade, Marián Ferreiro, e a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García, recibiu no seu despacho á nova directiva da AVV Ceibe de San Xiao. María Luisa Filgueiras é a nova presidenta da citada entidade veciñal, cuxa vicepresidencia ostenta Luis Doce e con Santiago Hermida como secretario, Evaristo Hermida como tesoureiro e Carmen Bellas e Reme Casas entre as vogais. Os integrantes da asociación conversaron animadamente cos representantes do goberno local sobre diferentes asuntos relacionados coa parroquia de San Xiao. Pola súa parte, o alcalde e as concelleiras naronesas felicitaron á nova directiva e animárona a continuar traballando na parroquia como o viñeron facendo ata o de agora os seus veciños e veciñas, obxectivo este para o que ofreceron toda a posible colaboración a prestar desde o Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal