Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE NOVAS TECNOLOXÍAS ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACCÍÓN FORMATIVA DO PROGRAMA "INDI-INFORMÁTICA DIVERTIDA"
Os nenos e nenas de Narón de entre 7 e 15 anos poderán participar nesta proposta, que se impartirá en decembro na Aula Cemit de Xuvia e nos locais sociais da zona rural
Narón, 20 de novembro de 2016. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, desde o 21 de novembro, nunha acción formativa do programa municipal educativo “INDI-Informática Divertida”. As sesións a impartir, sobre “Programación e robótica educativa”, diríxense a oitenta e cinco rapaces e rapazas de Narón de entre 7 e 15 anos e desenvolveranse do 22 ao 30 de decembro, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00. Do total das prazas, quince son para a Aula Cemit de Xuvia e as setenta restantes ofertaranse nas entidades veciñais da zona rural: Doso, Pedroso, San Mateo, San Xiao, O Val, Sedes e Castro, a razón de dez prazas por cada parroquia. O programa inclúe catro apartados: “Iniciación á programación de videoxogos” (15 horas); “Creación de blogs para nen@s” (6 horas); “Creación de cómics dixitais” (8 horas) e “Hour of code” (6 horas). “Un ano máis, desde a Concellería de Novas Tecnoloxías queremos ofrecer ás nenas e aos nenos da cidade unha proposta lúdica, ao tempo que didáctica, na que poder participar durante as vacacións do Nadal e tamén ofrecer así aos pais e nais dos menores a posibilidade de conciliar mellor a súa vida laboral e familiar”, explicou a responsable da área. “Organizamos unha acción formativa que no caso de cubrirse todas as prazas suporá 280 horas de formación para oitenta e cinco nenos e nenas tanto da zona urbana como do rural, o que de por si constitúe toda unha aposta por achegar as novas tecnoloxías á zona rural do noso municipio e por ofrecer os mesmos servizos nas parroquias que nos barrios do núcleo urbán”, destacou Natalia Hermida. As persoas interesadas en solicitar unha praza para a Aula Cemit deben cubrir un modelo de instancia xenérica que poden solicitar no Rexistro do Concello, xunto cun anexo, ou descargar da páxina web do Concello: www.naron.es, e entregala tamén no Rexistro en horario de 8.30 a 13.30. No caso das vacantes ofertadas no rural serán as propias asociacións –en Pedroso a Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”- as que tramiten as inscricións, tal e como indicou a concelleira naronesa. As solicitudes poderán formalizarse ata o vindeiro 9 de decembro e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (ext. 1517).
Descarga de archivos
Anexo II
Tamaño:48,56 KB
Anexo I
Tamaño:72,52 KB
Instancia
Tamaño:279,17 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal