Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DUN CENTENAR DE IMAXES OPTAN AOS PREMIOS DO "VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
O xurado reunirase o 24 de novembro para valorar os traballos, presentados por un total de corenta e catro persoas
Narón, 22 de novembro de 2016. Un total de corenta e catro persoas presentaron imaxes, baixo o pertinente pseudónimo, ao “VII Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. En total entregáronse 128 traballos que un xurado integrado por fotógrafos profesionais valorará o vindeiro xoves, día 24, e cuxo fallo se dará a coñecer nos vindeiros días. O autor da foto mellor valorada recibirá un premio de 750 euros e os da segunda e terceira 300 e 150 euros, respectivamente. As imaxes que optan a esta sétima edición do certame, convocado pola Concellería de Turismo de Narón, que dirixe Natalia Hermida, entregáronse cos pseudónimos: Dexter Gordon, Rumba, Freixo, Suízo, Escorpio, Sombra, Majarun, Kiten´s, Cormoran, Valder, Angaca62, Miñaxoia, Otreborv, Garby, CRA, Aragueney, Orobanca, Lomelina, Spiderman, Doraemon, MB, Chicago 23, Mordecai, Koru, Barkala, Patixphoto, Chitola, Cooky, Banen, Jealcadi, Yomeapunto, Templarios, Terrameiga, k-landra-k, Minacos, Primera puerta, Nordeste fresco, Coné, Amigolo, Recuerdos de esperanza, Dabroda, Tron, Abeleira e Muriel. A edil naronesa agradeceu a participación destas persoas no concurso e recordou que as imaxes gañadoras pasarán a formar parte do calendario de sobremesa que editará o Concello –a través da área de Turismo- para o 2017. Todas as fotografías estarán cedidas ao Concello para fins promocionais da cidade. Hermida explicou que o acto de entrega destes premios terá lugar no transcurso dun acto público cuxa data se dará a coñecer proximamente.
Descarga de archivos
Listado de participantes
Tamaño:46,16 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal