Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ CON VARIOS ACTOS O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
A programación inclúe actividades para escolares e tamén abertas á cidadanía e conta coa colaboración de varias asociacións
Narón, 28 de novembro de 2016. As concelleiras de Igualdade e Acción Social, Teresa Sabio e Catalina García, respectivamente, presentaron hoxe a “Mostra interactiva sobre inclusión social de diversos colectivos”. Estiveron presentes no acto representantes de diversas asociacións que participarán nesta iniciativa, coa que desde o Concello se conmemorará o Día Internacional das persoas con diversidade funcional –que é o 3 de decembro-. A programación deseñada para a ocasión contempla actividades destinadas a alumnado da localidade e tamén para o público en xeral e terán lugar en centros escolares e nas instalacións do Centro Comercial Dolce Vita Odeón. A Asociación ASCM, e os colectivos Vida Activa, Aspanaes, Aspanemi, Chamorro, Aspaneps, Cogami, Afaes, Teima, Fademga, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, Asociación de Persoas Xordas de Ferrol e o centro residencial e unidade de día “Santa Ángela de la Cruz” (Apascide, para persoas con sordocegueira) participan activamente nesta convocatoria impulsada desde o Concello. As edís naronesas explicaron que un dos obxectivos da “Mostra Interactiva sobre inclusión social de diversos colectivos” é precisamente “dar a coñecer á sociedade eses colectivos desde unha perspectiva xeral e inclusiva, dando visibilidade ás diferentes especialidades e divulgando as súas problemáticas sen recurrir a victimismos”. Nos primeiros días de decembro comezarase a traballar cos escolares da localidade, que participarán en varios obradoiros relacionados coa diversidade funcional. No colexio Jorge Juan alumnado de sexto de Primaria asistirá aos de Baile, Fútbol e Baloncesto, en colaboración coa asociación Vida Activa; no centro de Piñeiros impartiranse: “Ponte no meu lugar”, con Aspaneps, e “Diversidade, tolerancia, dereitos e oportunidades”, con Cogami e no Santiago Apóstol os de “Ponte no meu lugar” e “Inclusión das persoas con discapacidade”, coas citadas asociacións, respectivamente. Ademais, alumnado de sexto de Primaria do colexio Jorge Juan realizará un mural, baixo o lema “Todos e todas somos parte dun colectivo con diversidades funcionais”, que se exporá en Odeón a partir do 30 de novembro e ata o día 2 de decembro, tal e como indicaron desde a organización. Así mesmo, os días 1 e 2 de decembro desenvolveranse en Odeón unha serie de actividades. O xoves día 1 programouse unha mesa informativa sobre “Modificación da capacidade e tutela”, na que intervirán Moisés Lamigueiro, responsable do Programa de Atención ás Familias de Fademga; María José Fernández, avogada de Fademga; José Luis Oñate, responsable da área de Traballo Social e do programa de Familias da Asociación Nuestra Señora de Chamorro. Dará comezo ás 16.30 horas, se ben a presentación oficial da convocatoria será ás 16.15. Unha vez rematada a primeira mesa redonda e tras unha pausa, sobre as 18.15 horas, comezará unha mesa informativa a cargo de Rocío Torres, directora da residencia “Santa Ángela de la Cruz”, que informará aos asistentes sobre o proxecto educativo e os servizos do centro, e de Cristina Casteleiro, nai dun neno con diversidade funcional de Narón, que falará da “Vivencia do nacemento de Lucas”. Tanto a Mesa redonda das 16.30 como a informativa prevista para as 18.15 horas teñen un aforo limitado a cen persoas, debido á capacidade do local no que se desenvolverán –na planta baixa, na que se ubicaba ata hai uns meses a firma Oysho-. Na xornada do venres, día 2, a actividade comezará ás 10.00 coa apertura nunha das plazoletas da planta baixa de Odeón de stands informativos das distintas asociacións de diversidade funcional. Permanecerán abertos ata as 14.00 horas e reabrirán pola tarde, de 16.00 a 20.00. Tamén pola tarde, entre as 18.00 e as 19.30 haberá uns obradoiros interactivos con finalidade lúdica e educativa monitorizados polas diversas entidades participantes, e aos que poderán asistir as persoas que o desexen. Os actos programados rematarán ás 20.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal