Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN, ADMINISTRACIÓN PIONEIRA NA COMARCA EN IMPARTIR UN CURSO DE "OPERADOR CARRETILLEIRO/A DE PLATAFORMA ELEVADORA CON CERTIFICACIÓN UNE"
Un total de corenta e oito persoas desempregadas son as destinatarias desta acción formativa, da que se convocaron catro edicións, fronte ás dúias previstas inicialmente, debido á elevada demanda
Narón, 2 de decembro de 2016. Un total de corenta e oito persoas desempregadas de Narón rematarán antes de finais de ano unha acción formativa sobre “Operador carretilleiro/a e operador de plataforma elevadora, con certificación UNE” impulsado desde a Concellería de Formación, que preside a edil Natalia Hermida. A elevada demanda que rexistrou a convocatoria levou á citada concellería a realizar un “esforzo inversor” para poder convocar dúas edicións a maiores das dúas previstas nun principio. Das catro que se programaron unha xa rematou e as tres restantes –unha para persoas ata 35 anos- estanse a desenvolver na actualidade, en horario de mañá e de tarde. As sesións impártense no Centro Municipal de Formación, na Gándara. Hermida indicou que a partida destinada a estas catro edicións da citada acción formativa ascende a 15.025, 66 euros. Os participantes nesta acción formativa abordan contidos como o Manexo de carretillas de manutención Tipo I (transpaleta, carretillas transportadoras, apiladores…) e Tipo II (retráctil, carretillas elevadoras de mástil, de brazo, de almacenaxe…) segundo normativa UNE 58451. Así mesmo, tamén está entre os contidos desta acción formativa o Manexo de plataforma elevadora móbil de persoal (PEMP), de tixeira e de brazo articulado, segundo normativa UNE 58923. “O Concello de Narón é a primeira administración pública da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal en convocar este curso coa indicada certificación UNE, que é a que están solicitando ao seu plantel as compañías que traballan na industria naval”, asegurou Natalia Hermida. A edil destacou que “á vista das elevadas taxas de paro en xeral e no sector da industria naval en particular, coa convocatoria destas accións formativas desde o goberno local apostamos por ofrecer unha certificación axeitada ás necesidades reais das empresas, co fin de mellorar as opcións da veciñanza de Narón á hora de acceder ao mercado laboral”, e apuntou que “en certo modo tamén é unha colaboración coas empresas do sector, que non terán que pagar o curso aos traballadores e ás traballadoras que o realicen a través da administración local no caso de ser contratados”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal