Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESPECTÁCULO DE MÚSICA INFANTIL "DE AQUÍ PARA ALÁ" DESENVOLVERASE NO AUDITORIO MUNICIPAL
A entrada é de balde pero as persoas que desexen asistir deben recoller as invitacións na billeteira do Pazo previamente ou no propio Auditorio o día do espectáculo
Narón, 3 de decembro de 2016. O Auditorio municipal acollerá o vindeiro sábado, día 10, o espectáculo De aquí para alá, protagonizado por Lydia Botana. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a cita dará comezo ás 18.00 horas e recordou que, aínda que é de balde, é preciso recoller as invitacións na billeteira do Pazo da Cultura –de luns a sábado de 9.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30- ou no propio Auditorio o día do espectáculo unha hora antes do inicio do mesmo (os días 6, 7 e 8 de decembro a billeteira do Pazo permanecerá pechada). O aforo está limitado á capacidade das citadas instalacións municipais nas que se desenvolverá a convocatoria. Taibo explicou que este evento musical e teatral se dirixe aos nenos e nenas de 3 a 11 anos e ás súas familias. O baile, as cancións e as músicas típicas de diferentes lugares permitirán ao público coñecer a historia deste espectáculo a través dunha bolboreta que viaxa na procura da felicidade para un amigo, un neno que vive en África e está moi triste. Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos e Galicia son algúns dos lugares polos que discorrerán as diversas aventuras deste espectáculo, coa música, as cores e os instrumentos como protagonistas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal