Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO COMERCIAL NARÓN ACOLLERÁ VARIOS ACTOS PARA CELEBRAR O DÍA DO MIGRANTE
A programación organizada polo Concello e a Asociación de Movilidad Humana para la colaboración y el desarrollo, na que tamén participan outras entidades, desenvolverase o 17 de decembro en horario de tarde
Narón, 14 de decembro de 2016. O Centro Comercial Narón, no Alto do Castiñeiro, foi o lugar elixido para celebrar este sábado, día 17, os actos conmemorativos do Día do Migrante. A edil de Acción Social, Catalina García, presentou esta mañá o evento acompañada pola presidenta da Asociación de Movilidad Humana para la colaboración y el desarrollo, Soledad Lucero, e de Bara Mbaye, portavoz da Asociación de Senegaleses de Narón e outros representantes das entidades. A concelleira naronesa explicou que a iniciativa consiste na realización “dunha xornada de sensibilización, información e participación do colectivo de mobilidade humana e o concello de Narón, a cidade de acollida, co obxectivo de acadar a súa plena integración na sociedade galega”. A convocatoria conta ademais coa participación do Foro Galego de Inmigración, a Asociación de Mulleres Inmigrantes “Amimur” e a Asociación de Senegaleses de Narón. Unha videoconferencia e unhas mesas informativas que se celebrarán no soto do Centro Comercial Narón marcarán o inicio do evento, no que ás 17.00 horas se programou unha videoconferencia sobre “Mobilidade Humana”, a cargo de Dora Aguirre, deputada asembleísta de Ecuador. A convocatoria continuará ás 17.30 cunha mesa informativa sobre “Arraigo e Nacionalidade”, na que participará a avogada Maite Bustamante e ás 18.00 outra de “Experiencias de vida”, na que falarán Nubia Badel, da asociación “Amimur”; Serigne Mbake, da Asociación de Senegaleses de Narón, e Adrián Bueno, da Asociación Movilidad humana para la colaboración y el desarrollo. Nas inmediacións da xoiería localizada no citado Centro Comercial Narón terá lugar ás 18.00 horas a presentación do grupo “Arabesque”, de danza do ventre, e de 19.00 a 20.00 a actividade “Sabores de mi tierra”, unha serie de obradoiros de cociña en vivo nos que se elaborarán e degustarán pratos típicos de Armenia, Ecuador, México, Senegal e Venezuela. Na súa intervención, Soledad Lucero agradeceu a colaboración do Concello de Narón neste evento e destacou a labor de todas as persoas que, procedentes doutros países, comparten experiencias coa veciñanza da localidade e da comarca en xeral. “É importantísimo o papel do migrante en Galicia, polo que cremos que é necesario reivindicar esta celebración tendo en conta que os fluxos migratorios van a estar sempre aí e aportan máis que restan”, destacou. Pola súa parte, Catalina García, que agradeceu a colaboración do Centro Comercial Narón pola cesión do espazo para celebrar este evento, incidiu na importancia de celebrar esta data “para dar visibilidade aos veciños e veciñas de diferentes países que viven no noso concello e tamén para traballar pola súa plena integración co resto da sociedade”. No referente á poboación naronesa, a edil apuntou que actualmente residen na localidade 422 persoas de diferentes países de Europa, maioritariamente de Portugal -172- e Rumanía -109-; e tamén 74 orixinarios de Asia (China); de América un total de 414, dos que 114 son de Brasil, 89 de Colombia e 50 de Venezuela; e África con 128, na súa maior parte de Senegal -59- e Marrocos -50-. “Consideramos que é importante celebrar este acto para que todas esas persoas de diferentes países poidan amosarnos tamén a súa cultura e as súas experiencias”, asegurou a edil naronesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal