Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALGO MÁIS DUN CENTO DE PERSOAS RECIBIRON OS DIPLOMAS DE SEIS ACCIÓNS FORMATIVAS MIPULSADAS DESDE O CONCELLO
A Concellería de Formación e Mocidade destinou unha partida duns 44.000 euros ao total dos cursos -algún con varias edicións-, que se desenvolveron nos últimos meses deste ano
Narón, 15 de decembro de 2016. A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, entregou hoxe os diplomas correspondentes a seis accións formativas –algunha con varias edicións- impulsadas desde o Concello. Un total de 115 persoas estaban convocadas a esta cita, ao ser as que remataron con éxito os diferentes cursos convocados desde a administración local. A edil naronesa agradeceu o traballo realizado polo persoal técnico do Concello e felicitou aos homes e mulleres que remataron os cursos, animándoos a continuar formándose para ampliar as súas opcións de cara á súa incorporación no mercado laboral. Hermida recordou que o investimento realizado para impartir estes cursos rondou os 44.000 euros, con algo máis de 1.000 horas de formación en total, e destacou que ademáis é o Concello o que proporciona as instalacións nas que se desenvolven as sesións, excepto algunhas prácticas. Un total de corenta e catro persoas remataron o curso de “Operario carretilleiro/a de plataforma elevadora (PEMP) con certificación UNE”, do que se convocaron un total de catro edicións, que se desenvolveron entre os meses de novembro e decembro deste ano, dirixíndose especificamente unha convocatoria a menores de 35 anos, a través da área de Mocidade. Hermida incidiu na exitosa acollida desta acción, que levou ao Concello a convocar dúas edicións a maiores das previstas inicialmente e tamén destacou o “importante esforzo económico realizado para que Narón fose a administración local pioneira na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal en ofertar de balde este curso, cunha certificación moi específica e orientada ás demandas das empresas do sector naval”. Tamén recolleron os seus diplomas doce alumnos e alumnas do “Itinerario profesional de inserción en Servizos de Cafetería e bar”, celebrado de setembro a novembro, e catorce do de “Atención ao público e habelencias comunicativas”, que tivo lugar entre outubro e novembro. Así mesmo, remataron con éxito o curso básico de “Prevención de riscos laborais con PRL sector naval e medio ambiente no sector naval”, de outubro a novembro, un total de vinte persoas e dez –tamén unha muller recibiu o diploma de prevención pero non o de medio ambiente- o de “Prevención de riscos e medio ambiente no sector naval”, iniciado e rematado este mesmo mes. Por último, catorce persoas, tamén menores de 35 anos, remataron entre xullo e novembro o “Itinerario profesional de Carnicería”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal