Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ASINOU UN CONVENIO COA ASOCIACIÓN TERRA RENDIBLE POR UN IMPORTE DE 12.000 EUROS
A entidade, creada no municipio, ten entre os seus obxectivos potenciar o aproveitamento agroforestal e fomentar o desenvolvemento rural sostible
Narón, 28 de decembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da asociación Terra Rendible, Marcos Manuel García, asinaron esta mañá un convenio de colaboración por un importe de 12.000 euros. Ao acto, que tivo lugar ás 11.30 horas no Concello, asistiu tamén o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar. En base ao acordo rubricado hoxe a entidade comprométese a potenciar o aproveitamento agroforestal e a fomentar o desenvolvemento rural sostible, promocionando o territorio e impulsando actuacións que contribúan a dinamizar o núcleo rural contando coa participación cidadá. Promotores forestais de Narón están integrados nesta asociación agroforestal, a través da que se xestiona a venda de madeira a empresas como a firma Ence e tamén a limpeza de montes. Ademáis, impúlsase o traballo conxunto entre os propietarios, en canto á explotación dos terreos da súa propiedade, para obter maiores beneficios económicos. O rexedor local destacou a actividade desta entidade, constituída no municipio, e tamén o seu compromiso co coidado do medio ambiente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal