Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CIDADE DE NARÓN E O PARRULO FERROL PARTICIPAN NAS "III XORNADAS SOLIDARIAS MARI CARMEN CABALLERO"
Os dous equipos xogarán o 7 de xaneiro un partido de fútbol sala no pavillón polideportivo da Gándara, debendo entregar un mínimo dun quilo de alimentos para obter a entrada
Narón, 2 de xaneiro de 2017. Os equipos de fútbol sala Cidade de Narón e O Parrulo Ferrol xogarán este sábado, día 7, un partido solidario. A tradicional cita enmárcase na terceira edición das “Xornadas Solidarias Mari Carmen Caballero” e dará comezo ás 18.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara. As persoas interesadas en asistir poderán recoller a súa entrada –a partir dunha hora antes do inicio do partido- doando un mínimo dun quilo (ou un litro) de alimentos que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Os edís de Deportes e Acción Social, Román Romero e Catalina García, respectivamente, presentaron hoxe este evento deportivo acompañados polo presidente do Cidade de Narón, Ramón Padín, e a filla de Mari Carmen Caballero, Alba Lage Caballero. Román Romero recordou que un ano máis o Concello de Narón colabora nesta iniciativa solidaria e agradeceu a implicación do Centro de Recursos Solidarios e tamén do Parrulo Ferrol neste evento organizado polo Cidade de Narón FS. Na mesma liña se pronunciou a edil de Acción Social que animou á veciñanza a acudir a estas xornadas e incidiu en que preferentemente se doe aceite de xirasol, cacao, galletas e alimentos en conserva –vexetais, carne, atún, etc.-. “Pretendemos instaurar este evento deportivo como un dos fixos nestas datas de Nadal na cidade, e sobre todo adicalo a Mari Carmen Caballero, unha muller que foi solidaria toda a súa vida, non só no fútbol sala e no atletismo, senón tamén en calquera outra actividade na que se lle pediu que colaborase”, destacou Ramón Padín. O presidente do Cidade de Narón asegurou que “o feito de que se trate de fútbol sala é a escusa para axudar ás persoas que o precisan, neste caso aos usuarios e usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón, que está facendo un excelente traballo”. Padín agradeceu a colaboración do Parrulo Ferrol e avanzou que o feito de que sexan precisamente o Cidade de Narón e O Parrulo –por segundo ano consecutivo- “dalle maior atractivo ao partido”, incidindo en que “en todo momento o obxectivo é de carácter solidario”. O pasado ano doáronse uns 1.200 quilos de alimentos nestas xornadas, que tamén se destinaron ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Pola súa banda, en representación da familia de Mari Carmen Caballero, a súa filla, Alba Lage Caballero, deu as grazas á organización e aos colaboradores neste evento “por lembrarse da miña nai e colaborar nesta causa solidaria, axudando a quen máis o precisa, aportando un quilo de alimentos, que para moitos non supón nada e para outros un mundo”. A filla de Mari Carmen Caballero destacou a labor solidaria do Cidade de Narón e do Parrulo, e tamén a colaboración do Concello e da veciñanza neste tipo de iniciativas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal