Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REMATA ESTA SEMANA OS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
O venres 27 de xaneiro acenderanse seis velas no salón de plenos do Consistorio en recordo das vítimas
Narón, 25 de xaneiro de 2017. O Concello de Narón pechará na xornada do venres día 27 deste mes os actos programados conxuntamente coa Asociación Memoria Histórica Democrática con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. A convocatoria fixouse para as 10.00 horas no salón de plenos do Concello, e na mesma participarán o alcalde, José Manuel Blanco, portavoces dos grupos municipais, persoal da Asociación Memoria Histórica Democrática, medio cento de alumnas e alumnos de terceiro e cuarto curso de ESO do CPI do Feal e profesorado do citado colexio naronés. Coincidindo co aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz, que tivo lugar o 27 de xaneiro do ano 1945, prográmase esta convocatoria, en recordo das vítimas asasinadas a mans de soldados nazis ou nas cámaras de gas dos campos de exterminio do territorio alemán da época. O acto programado no Concello consistirá no acendido de seis velas en recordo das vítimas: millóns de xudeus europeos, nenos e nenas, outras persoas consideradas de etnias “inferiores” (xitanos, eslavos, discapacitados, homosexuais…) e republicanos españois asasinados en Mauthausen, e tamén para lembrar a aqueles que lograron salvarse ou axudaron a salvar vidas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal