Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PRAZO DE INSCRICIÓN NA QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO PERMANECE ABERTO ATA O 14 DE FEBREIRO
O PRAZO DE INSCRICIÓN NA QUINTA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO PERMANECE ABERTO ATA O 14 DE FEBREIRO
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, presentou a iniciativa, animando aos establecementos de hostalería da localidade a participar nesta proposta, coa que se pretende promocionar o sector na cidade e que repartirá varios premios entre os empresarios e a clientela
Narón, 8 de febreiro de 2017. A Concellería de Promoción Económica, presidida polo edil Pablo Villamar, convoca a quinta edición do “Concurso de Tapas Entroido”, un certame organizado para difundir, promover e promocionar o sector hostaleiro de Narón dando visibilidade á gastronomía local e para amosar a gran riqueza culinaria da cidade. O edil naronés subliñou esta mañá en rolda de prensa que “o certame desenvolverase do xoves 23 de febreiro ao mércores 1 de marzo e nel poderán participar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Narón, adheridos ou non a o Club Narón Gastronómico”. Para anotarse, explicou, poden facelo a partir de hoxe e ata o vindeiro martes, día 14 de febreiro, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext.1063) ou escribindo ao correo electrónico: narongastronomico@naron.es. Durante a súa intervención, Villamar tamén lembrou que, “para poder participar é necesario dispoñer de todas as licencias oportunas”.
Haberá dúas modalidades de participación: Tapa de Libre Creación e Tapa de Entroido. Os establecementos poderán participar nas dúas modalidades ou elixir unha delas. Todas as tapas que se presenten ao concurso deberán ter nome propio e serán gratuítas. As elaboracións poden ser doces ou salgadas e serviranse á clientela coas súas consumicións nos establecementos participantes e nas datas que dure o concurso, sempre respectando o horario mínimo de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 22.30. Os locais que o desexen poderán ofrecer a degustación durante máis tempo.
Os establecementos que participen recibirán o seguinte material promocional: folletos informativos, unha urna, tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto e carteis promocionais. Se algunha persoa presenta unha reclamación por escrito por non estar dispoñible a tapa, o local participante será descalificado e desbotado do concurso.
No que respecta aos premios a conceder, Villamar indicou que se estableceron un total de cinco, un que se concederá por votación popular e os catro restantes por parte do xurado. O primeiro deles, por un importe de 250 euros e un diploma acreditativo, concederáo a clientela que deguste as tapas durante as datas indicadas, puntuándoas do 1 ao 5 e depositando o seu voto nunha urna colocada no mostrador do establecemento. O sistema do reconto dos votos emitidos polos clientes farase mediante a suma de todos os puntos obtidos polo establecemento e tapa, (admitíndose un único voto por cliente e tapa). No caso de que o local hostaleiro ofreza máis dunha tapa, poderase votar só unha vez por cada unha delas.
En canto ao xurado, concederá dous premios ás tapas de libre creación, un primeiro por importe de 400 euros e o segundo de 250 euros, máis diploma acreditativo en ambos casos, e outros dous ás da modalidade de Entroido, tamén de 400 e 250 euros ao primeiro e segundo, respectivamente, e con diploma. Villamar lembrou que “o xurado será designado pola organización e estará composto por un membro do Concello, un crítico gastronómico e un cociñeiro”. O xurado fará a degustación das tapas participantes durante as datas do concurso, valorando de 1 a 5 puntos a presentación, sabor, elaboración e adecuación da creación gastronómica ás festas do Entroido. O nome dos establecementos premiados darase a coñecer a través da web do Concello de Narón e o dos gañadores das ceas tamén se anunciará en rolda de prensa cando finalice o concurso.
Así mesmo, procederase a sortear cinco ceas para dúas persoas entre a clientela que participe nas votacións do concurso. A organización porase en contacto telefónico coas persoas que resulten premiadas.


Descarga de archivos
Cartel EntroidoTamaño: 155,71 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2017 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal