Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO ACOLLE ESTE DOMINGO O CONCERTO "DR.QUEEN" EN HOMENAXE A FREDDIE MERCURY
O PAZO ACOLLE ESTE DOMINGO O CONCERTO
A cita, a cargo de Tertulia Producción, dará comezo ás 19.00 horas e as entradas poden adquirirse a través do Pazo ou da web do Padroado da Cultura
Narón, 16 de febreiro de 2017. A compañía Tertulia Producción levará este domingo, día 19, ao Pazo da Cultura, o concerto “Dr. Queen”. Trátase dunha homenaxe a Freddie Mercury, a modo de tributo ao fundador e vocalista da banda de rock Queen e cunha proposta única e innovadora que leva máis de dezasete anos en xira. O espectáculo dará comezo ás 19.00 horas e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo ou na web do Padroado –www.padroadodecultura.es-. Na venda anticipada o prezo é de 18 euros no patio de butacas e de 15 nos anfiteatros, pero no caso de adquirilas o propio día da actuación ascende a 22 e 20 euros, nas respectivas ubicacións.
A música, as vestimentas e a posta en escena son fundamentais neste concerto. A banda Doctor Queen está considerada como a mellor de tributo a Queen polos coidados cos que tratan cada detalle do espectáculo. Durante as dúas horas de duración deste concerto o público escoitará temas clásicos, pero tamén máis recentes que farán gozar aos asistentes desde o comezo da actuación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Marzo 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal