Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO TRAS UN NOVO CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN REDONDELA
Representantes da corporación local naronesa e persoal funcionario e laboral concentráronse ás portas do Concello en repulsa do asasinato dunha muller a consecuencia dunha explosión de bombonas de butano causada pola súa exparella, según as pesquisas policiais
Narón, 22 de febreiro de 2017. Integrantes da corporación local de Narón e persoal funcionario e laboral concentráronse esta mañá, ás 13.00 horas, ás portas do Concello, con motivo do caso de violencia de xénero rexistrado o pasado luns no municipio de Redondela, en Pontevedra. María José Mateo García morreu a consecuencia dunha explosión de bombonas de butano ocasionada, segundo apuntaron as pesquisas policiais, pola que foi a súa exparella, tamén falecida, Emilio Fernández Castro, na vivenda familiar que ambos compartiran na parroquia de Chapela. Desde o Concello de Narón condenouse unha vez máis esta lacra social da violencia de xénero, gardando un minuto de silencio en sinal de repulsa a este tipo de feitos e tamén como mostra de dó cos familiares e amigos da muller vítima deste novo crime de violencia de xénero. Os representantes do goberno local portaban unha pancarta de cor malva co lema: “Narón contra a violencia de xénero”. Antes de dar por rematada a concentración convocada hoxe os asistentes fixeron ruído cunhas botellas de plástico para protestar contra esta lacra social e urxir tódalas medidas precisas para a súa erradicación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal