Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPARSA NARONESA "TROUPELE, TROUPELE" GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DO FESTIVAL ORGANIZADO POLO PADROADO DA CULTURA
O Festival de comparsas celebrouse este ano baixo unha carpa na pista polideportiva de Santa Icía e o segundo e o terceiro premio foron para as agrupacións "A Canteira", de Neda, "O Aturuxo de Melpómene", de Narón, respectivamente. Tamén houbo premios infantís e de adultos para as categorías individual, de parellas e de grupo
Narón, 25 de febreiro de 2017. O municipio naronés acolleu esta tarde os actos organizados desde o Padroado da Cultura con motivo do Entroido. Un total de dez comparsas percorreron varios tramos das rúas da zona urbana da localidade tras concentrarse a partir das 17.00 horas no Pavillón da Mocidade, na Gándara, desde donde se dirixiron á pista polideportiva de Santa Icía, na Solaina, donde deu comezo o Festival de Comparsas sobre as 18.30 horas. O xurado, presidido pola vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e integrado por vez primeira por representantes de todas as comparsas participantes, concedeu o primeiro premio á formación "Troupele, Troupele", de Narón. O segundo premio recaeu en "A Canteira", de Neda, e o terceiro na comparsa "O Atutuxo de Melpómene", tamén de Narón. Participaron tamén na convocatoria as formacións naronesas “Os Parrandolos”, “Os Colludos”, “Ferreiriños”, “Os Argalleiros” e “Supersementes” así como a valdoviñesa “Os Trastos”; e a eumesa “Xente de aquí e de acolá”. Máis de trescentas persoas formaron parte destas dez comparsas que amenizaron coas súas inxeniosas letras e postas en escena este ano o Entroido na cidade. O Padroado da Cultura de Narón entregou 600 euros a cada comparsa de Narón pola súa participación no Festival e co compromiso de realizar outro día dúas actuacións a maiores. As tres comparsas procedentes dos outros concellos recibirán cada unha 300 euros. Este ano houbo tamén premios para as persoas que acudiron disfrazadas, nas categorías infantís e de adultos nas modalidades individual, de parellas e de grupo (con seis persoas como máximo), que levaron un lote de libros e entradas para ver espectáculos infantís no Pazo da Cultura e, os adultos, cestas con productos do Entroido.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal