Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA O PROCESO DE RENUMERACIÓN DE VIVENDAS NA PARROQUIA DO VAL
A edil de Estatística, Mar Gómez, agradeceu a colaboración prestada pola Asociación de Veciños "Os Irmandiños" do Val durante o proceso, que está nunha primeira fase
Narón, 10 de marzo de 2017. A concelleira de Estatística, Mar Gómez, e persoal funcionario da administración local reuníronse con representantes da Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val no Concello para iniciar o proceso de renumeración previsto na parroquia. A iniciativa, que xa se desenvolveu nas parroquias de San Xiao e San Mateo, permitirá concretar o nome de todos os rueiros e renumerar as vivendas. O traballo está rematado no que respecta á súa primeira fase, e unha persoa debidamente identificada está visitando estes días as vivendas da zona para entregarlles os novos números das súas propiedades. Deste xeito, tal e como apuntou Gómez, “procederase a restablecer tanto a cartografía como a numeración de boa parte da parroquia, aínda que debido á súa extensión é preciso executar os traballos en varias fases, que se irán levando a cabo progresivamente, a medida que se vaian rematando”. A concelleira naronesa agradeceu publicamente a colaboración da Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val en particular e á veciñanza da parroquia en xeral, “que nos axudou a recuperar boa parte dos topónimos da zona na que se estivo a traballar nesta primeira fase e, en todo momento, cun gran consenso que nos permitiu avanzar nestas tarefas, moi necesarias na zona rural e nas que continuaremos traballando”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal