Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E O CENTRO COMERCIAL DOLCE VITA ODEÓN CELEBRAN O DÍA MUNDIAL DA AUGA CUN CIRCUÍTO DE EXPERIMENTOS E OUTRAS ACTIVIDADES
O CONCELLO E O CENTRO COMERCIAL DOLCE VITA ODEÓN CELEBRAN O DÍA MUNDIAL DA AUGA CUN CIRCUÍTO DE EXPERIMENTOS E OUTRAS ACTIVIDADES
Persoas de diferentes idades poderán participar na convocatoria, que terá lugar o 18 de marzo pola tarde, entre as 18.00 e as 20.00 horas
Narón, 16 de marzo de 2017. O concelleiro de Servizos de Narón, Ibán Santalla, e a xerente do Centro Comercial Dolce Vita Odeón, Cristina Imaz, presentaron esta mañá en rolda de prensa os actos programados para celebrar o Día Mundial da Auga, que se conmemora cada 22 de marzo. A cita, que consistirá nun circuíto no que poder levar a cabo diferentes experimentos científicos, terá lugar o vindeiro sábado, día 18, en Odeón, entre as 18.00 e as 20.00 horas, e diríxese a persoas de tódalas idades. Imaz agradeceu esta nova colaboración co Concello para conmemorar, nesta ocasión, o Día Mundial da Auga, unha liña tamén valorada polo edil de Servizos naronés. O entretemento e a diversión estarán moi presentes neste circuíto a nivel de concienciación cidadá sobre a necesidade de preservar este recurso natural.
O grupo Ciencia Divertida será o encargado de implicar aos asistentes nas actividades programadas na Praza de Eventos de Odeón, na planta baixa. Unha das probas previstas denomínase “¿Soluble… ou non soluble? e porá aos asistentes no dilema de realizar determinadas misturas e transformar elementos líquidos en sólidos. A actividade servirá para explicar este tipo de conceptos e as diferencias, por exemplo, entre unha mistura simple e unha reacción química. Así mesmo, tal e como explicaron desde a organización, outro dos experimentos previstos apoiarase no famoso xerador de Van de Graaf, que permitirá ensinar determinadas cuestións sobre a electricidade estática e experimentar en primeira persoa como se propaga polo corpo das persoas, composto prácticamente nun 70% de auga. Estas e outras actividades desenvolveranse a través dun circuíto que estará perfectamente delimitado no citado espazo de Odeón.
A xerente das instalacións, Cristina Imaz, destacou que “a preocupación polo medio ambiente e a sostibilidade é unha constante nos nosos centros comerciais”, aludindo a aspectos como o tratamento de residuos ou o consumo enerxético. Imaz fixo especial fincapé en que “co tema da auga sempre tivemos unha sensibilidade especial, apostando polo máximo aforro e o consumo racional con diversas medidas nas que implicamos aos visitantes”.
Pola súa parte, o edil de Servizos, Ibán Santalla, recordou que desde o Concello “impulsáronse nos últimos anos numerosas iniciativas encamiñadas a concienciar á poboación, adultos e menores, sobre a importancia do respecto e o consumo responsable da auga, un prezado ben natural”. Así mesmo, Santalla, avanzou que “desde o goberno local de Narón “continuaremos apostando por respaldar este tipo de iniciativas, cun marcado carácter medioambiental”.
Baixo o hashstag: #NARÓN♥H2O poderase unificar a información desta proposta e, ao tempo, darlle unha maior difusión entre a cidadanía, polo que desde a organización animan á veciñanza a empregalo a través das redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram. Os nenos e nenas que participen recibirán como agasallo unha camiseta do Concello de Narón conmemorativa deste evento.


Descarga de archivos
Cartel Día Mundial da AugaTamaño: 95,06 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal