Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECOLLERÁ EN MADRID O "PREMIO AO COMPROMISO COA SEGURIDADE VIARIA E A MOBILIDADE SOSTIBLE" CONCEDIDO POLA FUNDACIÓN DA CONFEDERACIÓN NACIONAL DE AUTOESCOLAS
A primeira edición destes premios valorou o programa "Aprende pedaleando", promovido polo Concello a través do Equipo de Educación Viaria de Narón
Narón, 21 de marzo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recollerá o 22 de marzo en Madrid o “Premio ao Compromiso coa Seguridade Viaria e a Mobilidade Sostible” outorgado ao Concello pola Fundación da Confederación Nacional de Autoescolas (CNAE). O xurado valorou a campaña de educación viaria “Aprende pedaleando”, impulsada polo Equipo de Educación Viaria do Consistorio. O acto de entrega dos premios terá lugar a partir das 20.00 horas, no Hotel Ritz de Madrid. Acompañarán ao alcalde no acto, en representación do Concello, o edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e dous representantes do Equipo de Educación Viaria do municipio: Pedro Caneiro e Simón Cabarcos. O premio concedido é de 3.000 euros e unha escultura do artista plástico Manuel Gandullo (natural de Sevilla pero que reside desde hai anos en Sada), titulada “Caminos del saber”. O fallo do xurado tivo lugar a finais do pasado ano, así como a comunicación da resolución ao Concello. No caso de Narón valorouse o feito de que o programa “Aprende pedaleando” se orientase a alumnado de educación Primaria e que estea en marcha desde hai varios anos, concretamente dende o 2008. Fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte entre os nenos e nenas e unha mobilidade prudente e responsable fóra das aulas son parte dos obxectivos desta proposta, con gran éxito de acollida entre a veciñanza. Nesta primeira convocatoria dos premios da Fundación CNAE resultaron tamén galardoados a Industria del Neumático SA, pola “Innovación en Seguridade Viaria e Mobilidade Sostible”, ao inventar un gardarraís de caucho elaborado con pneumáticos reciclados, e RTVE pola “Mellor labor divulgativa”, polo seu programa “Seguridad Vital”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal