Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA A PRIMEIRA EDICIÓN DE "NARÓNiño" PARA AMPLIAR A OFERTA DE OCIO INFANTIL E FAMILIAR DURANTE A VINDEIRA SEMANA SANTA
O pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá una gran variedade de actividades os días 14, 15 e 16 de abril, todas elas de balde e a desenvolver en horario de mañá e tarde
Narón, 29 de marzo de 2017. Os rapaces e rapazas de Narón e da comarca disporán o vindeiro mes de abril dunha interesante e completa oferta de ocio deseñada desde o Concello de Narón. A edil Natalia Hermida avanzou que os días 14, 15 e 16, coincidindo coas datas de Semana Santa, desenvolverase no pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía, “NARÓNiño. O lugar onde xogan as meniñas e meniños”, un evento, subliñou, “dirixido ao público infantil e que terá lugar en horario de mañá e tarde”. Esta alternativa de ocio familiar, totalmente de balde, convócase por primeira vez na cidade pero entre os obxectivos marcados polo goberno local está consolidala entre o calendario de actividades que se programan ao longo do ano e que, ao mesmo tempo, subliñou a concelleira, “permitirá que a nosa cidade continúe sendo un referente a nivel de ocio e tamén de calidade de vida”. Hermida avanzou que co fin de dar a coñecer esta proposta entre a comunidade educativa se repartirán nos centros de ensino e nas escolas infantís da localidade un total de 4.000 octavillas. Un espazo duns 800 metros cadrados do recinto do polideportivo Campo da Serra dividirase en varias zonas, nas que se delimitarán os espazos nos que se realizarán un total de oito talleres. “Mundo juego chef” –obradoiros de cociña que serán polas tardes, de 18.00 a 20.00- e os “Talleres de Clay” –para realizar figuras con clay, unha especie de arcilla de cores- son os dous que requiren de inscrición previa na zona de xogo, debido ao límite de prazas por turno. Pero a oferta inclúe ademais “Piscinas de bolas” –haberá dúas, para utilizalas en función da idade dos rapaces e rapazas-; “Trucks & Blocks” –con tractores, carretillas, camións e diverso material que permitirá aos participantes cargar bloques xigantes de plástico para realizar construcións a tamaño real- e “Foamball” –baseado no paintball pero con proxectís de gomaespuma e tamén adaptado á idade dos participantes-. Completan a oferta as iniciativas “Carrera” –pistas de escalextric para diversas idades e con vehículos da película Cars, de Fórmula 1, etc.-; “Playmobil” –para xogar con bonecos e complementos dos Playmobil e con diferentes temáticas a elixir (piratas, cabaleiros…) e “Blocks” –para crear formas con bloques de diversos tamaños-. A práctica totalidade das propostas desenvolveranse en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e desde as 16.30 ata as 20.30 durante os tres días. Na zona de xogo haberá que cumprir unha serie de normas establecidas pola organización. A capacidade do recinto é limitada, e os pais e nais ou persoas responsables dos nenos e nenas non poderán estar dentro da zona delimitada para o xogo, pero si deben permanecer cos menores dentro do recinto e cumprir en todo momento as indicacións dos monitores e monitoras das actividades. Así mesmo, queda totalmente prohibido comer nas zonas de xogo ou entrar con animais de compañía. Desde o goberno local de Narón destacouse o feito de que esta convocatoria permitirá, ao tempo que ofertar unha proposta lúdica, dinamizar durante os tres días de duración os sectores hostaleiro e comercial da localidade. O evento, organizado polo Concello de Narón, está patrocinado pola empresa Gadisa –terá un stand propio de Bebé Gadis-; o parque infantil Bule Bule, a xoguetería Din Don e o Grupo Imaxina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal