Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS "AMIGOS ATA A MORTE" E "LA REINA DE LAS NIEVES" NO PAZO DA CULTURA
O sábado día 8 representarase a comedia protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola e David Amor, e o domingo día 9 un musical dirixido ao público infantil e familiar
Narón, 3 de abril de 2017. A programación deseñada polo Padroado da Cultura de Narón para o segundo trimestre de ano arrancou a pasada fin de semana cun gran éxito. A comedia “Los vecinos de arriba”, da compañía Pentación Espectáculos, coa actriz Eva Hache entre o seu elenco, encheu practicamente o Pazo da Cultura e o mesmo sucederá o vindeiro sábado e domingo, xornadas para cuxos espectáculos están á venda as últimas entradas. O día 8 representarase a comedia “Amigos ata a morte”, a compañía e Etiqueta Negra e con Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Sola e David Amor como protagonistas. Esta mesma mañá estaban vendidas algo máis de oitocentas entradas para esta comedia, quedando só tres no patio de butacas e unha trintena nos anfiteatros. A obra representarase no Pazo a partir das 20.00 horas e o prezo das entradas é de 18 euros no patio de butacas e 15 nos anfiteatros en venda anticipada e de 20 e 17 euros, respectivamente, no caso de mercalas o propio sábado. “Amigos ata a morte” é unha comedia centrada na amizade, como indica o propio título, e o amor. Os protagonistas da obra son Nacho, María e Ángel, tres amigos de toda a vida que vivirán unha serie de historias que marcarán o seu futuro de xeito inesperado. A situación é moi similar no caso do espectáculo infantil programado para a xornada do domingo, “La reina de las nieves”, para o que están vendidas preto de seiscentas entradas. Trátase dun musical da compañía Nooma Producciones, que comezará a partir das 18.00 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros en venda anticipada e de 14 o propio día da actuación. A amizade, a maxia, o amor e a diversión estarán moi presentes neste musical, dirixido ao público familiar e infantil e protagonizado pola raíña Elsa, que ten poderes máxicos e a princesa Ana. Son dúas irmás que vivirán unha serie de aventuras que emocionarán ao público asistente. O vindeiro espectáculo programado no Pazo este mes é o monólogo “Se non o conto rebento”, protagonizado polo recoñecido actor galego Sergio Pazos. Terá lugar o 22 de abril a partir das 20.00 horas e as historias terán un eixo común, a ironía coa que Pazos abordará os diferentes temas. A apocalipse, os recortes, a crise, a Casa Real, e os políticos do goberno estarán moi presentes nos monólogos deste actor e presentador galego. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,60 para aboados, menores de 14 anos e desempregados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal