Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MANTERÁ OPERATIVO ATA O 12 DE ABRIL O SERVIZO DE ASESORAMENTO SOBRE O PROCESO DE REGULARIZACIÓN CATASTRAL
O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, apuntou que desde que o goberno local habilitou este servizo, a pesares de que non entra dentro das competencias da administración local, os técnicos atenderon a algo máis dun milleiro de persoas
Narón, 7 de abril de 2017. O concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, anunciou que o servizo de asesoramento sobre o proceso de regularización catastral habilitado no Concello permanecerá operativo ata o vindeiro 12 de abril. Na actualidade detectouse que xa non se están emitindo cartas á veciñanza sobre este procedemento e, polo tanto, as posibles consultas ao respecto diminuíron considerablemente. O edil naronés incidiu en que se trata dun servizo complementario ao da oficina municipal do Catastro, que continuará operativo os luns e mércores, de 8.30 a 13.30 horas no Concello. O pasado 9 de marzo reforzouse o servizo que se presta habitualmente á veciñanza con tres técnicos. O proceso de regularización catastral promovido desde o Ministerio de Facenda, a través do que se remitiron cartas a algúns veciños e veciñas de Narón relativas ás súas propiedades, levou á área de Promoción Económica a habilitar este servizo de xeito temporal. Desde o pasado día 9 de marzo, tal e como indicou Villamar, atendeuse a través do mesmo a algo máis dun milleiro de persoas, das que unhas 250 xa anunciaron que van presentar as oportunas reclamacións ante Facenda, tras recibir o pertinente asesoramento. “A pesares de que a regularización do Catastro é un tema que non entra nas competencias directas da administración local, e debido ao seu alcance, co fin de evitar á veciñanza ter que desprazarse á Coruña para informarse sobre os trámites que deben seguir con este proceso decidimos reforzar temporalmente o servizo habilitado no Concello”, subliñou Villamar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal