Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O HUMORISTA SERGIO PAZOS ESTARÁ O SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
Pazos protagonizará a partir das 20.00 horas o monólogo "Rebento se non o conto", dunha hora de duración e dirixido ao público adulto.
Narón, 17 de abril de 2017. O actor e humorista ourensán Sergio Pazos estará este sábado, día 22, no Pazo da Cultura de Narón co seu monólogo "Rebento se non o conto". A cita terá lugar a partir das 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. O espectáculo, pensado para o público adulto, ten unha duración dunha hora. Neste monólogo Pazos analizará a realidade da España actual facendo uso da ironía, no que será un constante diálogo entre o público e o humorista, que fará gozar aos asistentes desde o inicio deste espectáculo. A retranca estará moi presente neste traballo, no que se abordarán temas como as características dos galegos, os recortes, a crise, a Casa Real e moitos outros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal