Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU 27.000 EUROS Á CUBERTA DUN PATIO NO CEIP DA SOLAINA
A intervención permitiu habilitar no recinto escolar un espazo cuberto dunha superficie duns cento corenta metros cadrados
Narón, 28 de abril de 2017. O CEIP da Solaina dispón dun novo patio cuberto do que poden gozar xa os seus alumnos e alumnas. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, visitaron esta mañá as instalacións do centro, donde comprobaron o estado final da actuación realizada, que supuxo ás arcas locais un investimento duns 27.000 euros. A obra realizada permitiu cubrir un espazo entre un dos tramos do propio colexio e dun lateral do polideportivo localizado no citado recinto escolar. Sobre unhas vigas metálicas, a modo de pórtico, instalouse unha cuberta transparente para tapar un espazo duns cento corenta metros cadrados, tal e como destacaron desde o goberno local. Na visita, o rexedor local e a edil naronesa estiveron acompañados polo director do colexio da Solaina, Nel Comba; a secretaria do centro, Iria Regueiro, e representantes da ANPA. Desde a comunidade educativa valorouse positivamente esta intervención, ao igual que fixeron os representantes do goberno local, que destacaron que a partir de agora as nenas e os nenos deste colexio “poderán aproveitar ao máximo este espazo exterior cuberto”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal