Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ÚLTIMAS ENTRADAS PARA A FESTA DO LISCO QUE SE CELEBRARÁ EN DOSO
A Concellería de Festas e a AVV A Naveira organizan este evento, que terá lugar o 6 de maio baixo unha carpa que se instalará na zona da pista polideportiva da parroquia
Narón, 4 de maio de 2017. A Concellería de Festas de Narón, dirixida pola edil Mar Gómez, e a AVV A Naveira, de Doso, organizan un ano máis a “Festa do lisco”. A cita programouse para este sábado, 6 de maio, baixo unha carpa climatizada que se instalará para a ocasión na pista polideportiva da parroquia, e dará comezo sobre as 22.00 horas. As persoas interesadas en asistir á degustación gastronómica poden adquirir aínda as súas entradas no local social de Doso ou, no caso de que queden algunhas, o propio sábado na pista polideportiva. Desde a organización indicaron que xa está confirmada a asistencia dunhas 150 persoas e indicaron que a carpa ten capacidade para algo máis de 200 comensais. O menú será a base de paella, liscos á brasa, pan, cachelos, bebidas, café, bola e queimada. O prezo é de 14 euros para os socios da AVV A Naveira e de 18 euros para o resto de asistentes. O dúo musical D´Ases será o encargado do apartado musical, amenizando esta nova edición da “Festa do lisco” en Doso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal